COPA GALEGA FEMININA: CD AS PONTES 2 TORDOIA 1

Sensacional e importantísima victoria do equipo feminino ante o cadro coruñés do Tordoia por 2 a 1 no encontro disputado hoxe á tarde no Campo Anexo do Poboado.
Comezaron con perigo as visitantes, unha gran parada de Leti no 12´ e dúas faltas complicadas, entremedias a gran Laura vaise da defensa pero o seu remate marcha desviado no 17´. Tamén Carlota puido marcar no 28´ pero a gardamallas visitante despexa a córner. Si marcou a todo terreo Laura no 35´, recorre 20 metros e ante a saída da porteira marca por baixo.
feminino_001.jpg


Empata con Carlota, 16 goles ambas en partidos oficiais, por diante, os 19 da capitana Patri Dopico e os 20 da añorada Paty Blanco. Por detrás quedarían Alba con 11 e Yaiza con 10.
No comezo do segundo tempo o As Pontes foi un vendaval e puido sentenciar, no 47´ na área pequena escapaselle o balón á porteira visitante e a prometedora Clara timidamente manda ó poste, un minuto máis tarde outra de Carlota, varias de Laura, ata que no 68´ nunha gran parede con Alba, Carlota cae empurrada pola defensa visitante e o colexiado sinala penalti que se encargou de transformar a gran central Noelia, sensacional a de San Sadurniño.
Puido sentenciar Carlota no 84´ pero tras varios desbordes sobroulle o último regate, pero no 86´ na xogada desgraciada do partido as visitantes recurtan distancias, un partido do As Pontes feminino sen sufrimento non é partido, aínda asi o perigo ata o final levouno o equipo local e no 90´ Jani mandou por alto e a porteira desviou a córner in extremis.
En definitiva, xusta victoria e tres puntos de ouro.
Salido e Pita aliñaron a Leti, Yaiza, Mireia, Jani, Silvia (Andrea Pita (81´), Lara, Clara, Noelia, Laura (Chipy 70´), Carlota e Carliña (Alba 64´).
Tras rematar a primeira volta o As Pontes atópase con tres victorias e nove puntos, e conseguindo un triunfo máis casi garantizaría o seu pase á seguinte fase, pero ollo, quedan tres complicadísimos partidos, dúas visitas á Milagrosa e Tordoia e recibir ó potente Monte Forte, pero de momento, no grupo da morte, ás pontesas que lles quiten ó bailado.
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios