E xa no ocaso da tempada 2024, o Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes desprazouse ata Tui, para participar no LIII Descenso Internacional do Miño de Tui, que este ano era tamén Campeonato de España de ríos.
Ademáis de disfrutar sufrindo , @s padexeir@s ponteses conseguiron uns resultados salientables.
Os que acadaron mellores
postos foron os nosos veteráns, Ernesto e Miguel Timiraos, cun 3º de España no k2 veterán 35/44, un premio a súa persistencia.
E no K1,na franxa de 45/49, Polo impoñíase os seus rivais, acadando o campionato, e chegando cómo sexto K1 absoluto, superado por cinco homes senior que saían 100m. máis adiante.
As cadetes, Antía e Carmen ou Carmen e Antía, remataron quintas, gran resultado para ser a súa primeira vez neste tipo de regatas, caóticas no seu inicio.
E por último,e non menos meritorio o décimo posto dos cadetes, Adrían Filgueira e Adrían Ribeiro, que con só unha semana de acoplamento, sufriron os inconvintes de unha saida tan multitudinaria sin estar acoplados.
Bravo por tod@s,e a seguir medrando, con traballo, para poder mellorar estes grandes resultados.
Nova cortesía do clube Xuvenil Piragüismo As Pontes.