Amigus
As Pontes

Curso de deseño con Tinkercad e impresión 3D

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Actualmente, esta tecnoloxía está a revolucionar fluxos de traballo nunha gran variedade de industrias.

 

Industrias como a moda, a arquitectura e o moble atópanse revolucionando os seus métodos de traballo grazas ás impresoras. Outras industrias como a medicina tamén se foron engadindo ó 3D.

As posibilidades da impresión 3D ó coidado do planeta apenas se comezan a coñecer, algunhas das aplicacións nas que xa se está traballando son o estudo e a protección da fauna salvaxe.

O propio ex presidente dos EUA, Obama dixo: “Ten o potencial de revolucionar o xeito no que facemos case todo. Será a vindeira revolución na fabricación”.

 

Neste obradoiro aprenderase a posta en marcha e a nivelación de unha impresora 3D. Unha vez feita a configuración, deseñarase unha peza en Tinkercad, exportarase a gcode, laminarase (Cura 3D é un software de corte para impresoras 3D. Traduce o ficheiro 3D STL, OBJ ou 3MF a un formato que a impresora pode entender) e imprimirase. Finalmente levaremos a cabo a retirada da peza da cama da impresora e se é necesario o posprocesado.

 

Inscripcións dende o 14 na seguinte ligazón ou no QR

https://docs.google.com/forms/d/1Pq_Oqf9_RJS7x15a9IM4MQxGDHhMklTpq3Pb1wh3fPA/edit?chromeless=1

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios