Amigus
As Pontes

Curso de mbot2

Entre 8 e 14 anos no local de Amigus

2 de Decembro de 10:30 a 13:30

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Comezamos…

 

Dende Amigus queremosvos ofrecer un curso de robótica cos kit de mbot2. Terá lugar no noso local da Praza do Hospital, 14 o vindeiro 2 de decembro de 10:30 a 13:30. Se tes entre 8 e 14 anos poderaste inscribir dende o 27 de novembro aquí ⬇️

https://forms.gle/c27JcWe9qCdGYngx6

Ou no QR ⬇️

 

A robótica coma outras tecnoloxías, é unha gran ferramenta educativa que, utilizada axeitadamente, potencia habilidades como a matemática e a tecnolóxica, a capacidade de aprender a aprender, a capacidade no tratamento da información dixital ou iniciativa persoal. Tamén estimula a creatividade e aumenta a curiosidade e desexo de crear e construír ideas ou solucións a problemas que enfrontan os estudantes.

mbot2 : é un kit educativo, ideal para a robótica, programación e electrónica. Pode evitar obstáculos, seguir liñas negras, controlarse por medio dun mando programable, conectarse a un móbil mediante unha aplicación de balde coa que podrá controlar, programar e se comunicar con outros robots.

Ideal para proxectos que conectan os conceptos de ciencia, codificación, programación e habilidades. Achega ós estudantes un novo xeito de experimentar, non só se ver, as matemáticas. O robot pon as matemáticas no seu mundo dun xeito que os alenta a preguntar, e si….? E os inspira a persistir na busca de solucións para que o vehículo funcione como eles queren.

O obxectivo do obradoiro é fomenta-lo interese e o achegamento dos nenos de xeito lúdico ó mundo da robótica e a programación, descubri-la linguaxe de bloques, as matemáticas, as ciencias e a tecnoloxía dun xeito divertido e colaborativo.

O obxectivo principal é desenrola-lo pensamento computacional no alumnado motivado pola execución de ordes nalgo físico como é o robot.

O robot está baseado en hardware e software libre. mbot2 é un robot baseado na tecnoloxía Arduino que se pode programar con mBlock, un entorno gráfico de programación que combina Scratch e Arduino.

 

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios