Empate a cero no encontro disputado este domingo á tarde entre Lalín e un As Pontes que está nunha mala dinámica.
Pese a acumular dez puntos nas catro primeiras xornadas, nos restantes sete partidos o cadro azul acumula unha igualada ante Mugardos e Lalín, e derrotas ante Sofán, Sigueiro, Ribadeo, Castro, e moi preocupante ante o equipo de Pontedeume no seu único triunfo en liga.
Decimoquintos con 12 puntos, próxima visita á Cheda para enfrontar ao Residencia de Lugo. Gran fichaxe de Dani, que ten que asentarse neste novo plantel.
Xogaron Pita, Criado, Mascareña, Maxi, Traba, Jandro (Rivera 72´), Vilela, Echavarri (Manso 81´), Cayetano (Coello 72´), Dani, Michel.
Nova cortesía Xose Ferreiro
Nova cortesía Xose Ferreiro