Curso de comercio electrónico para empresarias.

A nosa vila acollerá durante este mes dous cursos de “Comercio Electrónico para Empresarias”. Estas actividades formativas están programadas pola Federación Galega de Empresarias, e estarán á súa vez impartidas en dous grupos diferentes para ofrecer tramos horarios máis asequibles para as participantes.


Poderán participar en cada un dos cursos un total de 20 persoas, e a ensinanza prolongarase durante quince horas.
Está previsto comeza-lo luns, día 20, para remata-lo venres da mesma semana. Os horarios propostos para o primeiro grupo serán de nove a dez e media da mañá e de tres a catro e media da tarde, e a outra opción será de once a doce e media e de cinco a seis e media da tarde.
O temario abarca temas como a relación de negocio entre empresas e consumidores, a implantación do comercio a través da rede e o markéting en internet, e tamén aspectos de seguridade, medios de pago, aspectos xurídcos.
As clases terán lugar nunha Aula Virtual Itinerante, é dicir, nun autobús que se colocará diante do Centro Social da Terceira Idade.
As interesadas en participar teñen que anotarse no teléfono 981-44 10 08, ou ben no Centro de Información á Muller da Casa Dopeso.

También podría gustarte
Comentarios