CURSOS DE PIRAGÜISMO 2018

Este ano os cursos de piragüismo do Grupo Xuvenil serán dos días 2 ao 31 de xullo no Lago das Pontes.

A idade mínima para participar son 8 anos sen límite superior.

O único requisito é saber nadar e ter ganas de facer deporte e divertirse.

Aos participantes se lles tramitará licencia federativa.

Si te queres apuntar só tes que entregar nas instalacións do club de piragüismo esta folla cuberta e asinada xunto cunha foto tamaño carné co nome por detráse copia do DNI e copia do DNI antes do 29 de xuño. Tamén o podes enviar todo escaneado a xuvenil@gmail.com.

Si xa es socio do Grupo Xuvenil o curso é gratuíto, senón o custo do curso é de 50€ (inclúe licencia e seguro). O pago se realizará coa entrega do impreso, por transferencia bancaria á conta de Abanca ES81 2080 0230 6130 4000 4767 ou por PayPal a xuvenil@gmail.com indicanto no concepto o nome do cursillista.

Facerse socio do club so custa 45€ por trimestre.

Horarios

O horario será de 11:00 a 13:00 horas de luns a venres salvo festivos.

A furgoneta comezará a ruta de recollida ás 10:45.

Recomendacións

  • Recomendase levar a seguinte ropa:
  • Bañador ou mallas de licra,
  • Camiseta (que seque facil, ideal licra de manga curta),
  • Chanclas ou escarpíns de neopreno,
  • Toalla,
  • Chandal ou ropa deportiva e zapatillas deportivas,
  • Protector solar é recomendable, aínda que non sempre sae o sol.
  • Todos os participantes no cursiño levarán chaleco salvavidas que lles proporcionará o club.

Ruta do autobús

Un autobús a cargo do club pasará todos os días pola seguinte ruta:

A Fraga – Avda. Vilalba (bar Somozas) – kiosco da Magdalena – Eroski – Avda. Ortigueira (parque) – Praza do Hospital – Avda. Galicia – Piscina Municipal – Rúa Pardo Bazán – Lago

Unha vez comezado o curso e en función dos participantes póderanse modificar algunhas paradas.

Podes descargar o impreso pinchando aquí o impreso para imprimir e apuntarte.

Máis información no correo xuvenil@gmail.com, no teléfono 675 95 22 87 ou nas instalacións do club de martes a venres de 17:30 a 20:00 h.

Nova cortesía do Grupo Xuvenil

También podría gustarte
Comentarios