David Rochela. Comezan as votacións no Marca-Fútbol Draft.

rochela.jpgDespois de coñecerse o pasado 19 de Febreiro ós 132 elexidos do Marca-Fútbol Draft 2010 (12 por cada posto), hoxe abriuse o enlace para comezar as votacións no Marca. De aqui á finais de Maio iranse facendo sucesivas cribas, o 25 de Marzo so quedarán 77 (7 por posto), o 15 de Abril 55 (5 por posto), o 13 de Maio coñeceranse os 33 finalistas (3 por posto), e a finais de Maio coñeceranse quenes son os gañadores de cada posto, e comporán por tanto o Once de Ouro do Marca.


Paralelamente ós votos do Marca, Fútbol Draft, composto por un comité de sabios, tamén irá facendo sucesivas cribas para acabar outorgando a finais de maio os Balóns de Ouro, Plata e Bronce en cada posto.
Os gañadores de ouro, plata e bronce no Fútbol Draft e os 11 vencedores das votacións do Marca serán premiados o vindeiro 1 de Xuño no Santiago Bernabéu.
David Rochela, que foi 3º en 2007, 5º en 2008 e o ano pasado 2º no Fútbol Draft e nas votacións do Marca foi 3º en 2008 e o ano pasado gañou no seu posto co maior número de votos de tódolos participantes volve, por cuarto ano consecutivo, a estar entre os 132 elexidos. Adrián López logrou o doblete de ouro en 2008.
A pesar da súa gran calidade este ano ten moi complicado lograr un bo posto no Fútbol Draft ó non haber selección sub20 e xogar en un equipo de Terceira. Pero haberá que confiar no afección pontesa para que volva a conseguir o primeiro posto no Once do Marca.
Para poder votar hai que acudir ó seguinte enlace. Podese votar unha vez ó día e non leva máis dun minuto.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios