Debut do Alevín A. C.D. As Pontes 11 Ánimas 1

Debut victorioso do equipo Alevín A do Clube Deportivo As Pontes, un dos conxuntos nos que hai depositadas grandes esperanzas en que faigan un bo papel, e que, cun pouco de sorte, poidan lograr o título, sobre todo tendo en conta que hai dous anos sendo benxamíns perderon a Liga ante o Eume por un punto, e idéntica situación se viviu o ano pasado cando sendo alevíns de primeiro ano perderon a Liga ante o Portuarios de Ferrol, tamén por un punto. De momento, mellor debut non puideron ter ante o conxunto ferrolán do Ánimas ó que gañaron por 11 a 1. O adestrador Carlos Parajón contou neste encontro cos seguintes xogadores. Ángel Prieto, Alex Pico, Iván, Ángel Caínzos, Enrique (2), Álex Fernández (2), Brais Blanco (2), Brais Martínez, Nahúm (1), Doce, Jorge e David (4)
alevin1.jpg


alevin2.jpg
alevin3.jpg
alevin4.jpg
Nova enviada por Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios