Dende As Pontes ata Alacante para competir no Campionato nacional

A fin de semana que ven celébrase do 1 ao 3 de febreiro, de maneira simultánea o XXXIX Campionato de España de tiro en sala Absoluto e o IX Campionato de España de tiro en sala Xuvenil.
A localidade de La Nucia, en Alacante, acollerá a arqueiros de case que tódalas Comunidades Autónomas, cun total de 164 participantes que fan que das 8 categorías convocadas so se poderán proclamar camións e campionas de España en 5 delas.
Do Clube Sílex haberá participación, con dous arqueiros de moi bo nivel. Miguel Alvariño, competira na súa categoría de arco recurvo xuvenil, ainda que nos teña acostumados a gañar tódolos torneos nos que participou en Galicia en categoría sénior. Terá 19 contrincantes máis para pelexar por un posto no podio, que sería un moi bo resultado. E tamén estará aló Xaquín Mira, que participará por primeira vez nun Campionato de España na modalidade de arco composto, e que irá con gañas de seguir aprendendo e mellorando o seu rendemento. Está inscrito na categoría na que hai máis participantes cun total de 59 arqueiros de composto home.
Dende o clube e co apoio de Tomymobile e Galiarco, queremos desexarlles moi boa sorte e que acaden os mellores resultados posibles.
2012-12-30-Trof-Concello-de-As-Pontes.jpg


Nova cortesía do Clube Sílex

También podría gustarte
Comentarios