Denuncian que 13.000 usuarios de ADSL poderían ter cambiado de proveedor sen o seu permiso

Lendo libertaddigital.com:
“A Asociación de Internautas (AI) denunciou que os usuarios de ADSL corren o risco de ser cambiados de proveedor de Internet sen o seu consentimento, o que pode chegar a traducirse na supresión do servicio e pérdida de correos electrónicos. Segundo a organización de Víctor Domingo, poderían terse dado ata 13.000 casos deste tipo.”…

faqadsl.gif


…”O presidente da Asociación de Internautas, Víctor Domingo, dixo que o problema, denominado slamming ADSL, ten a súa orixe na normativa de traspaso de conexións ADSL aprobada pola CMT na OBA (oferta de bucle de aboado) do 29 de abril de 2002 que non considera ningún tipo de control nos traspasos de ADSL entre operadores.
Domingo explicou que sucede como nos casos de preselección en que Telefónica se ve obrigada a dar de baixa a un usuario cando o solicita un operador alternativo, sen ningún tipo de comprobación. Na preselección de telefonía de voz, o usuario cambia de operador e só o percibe cando recibe a factura, pero no caso do ADSL, Telefónica ten que suprimi-lo servicio ó usuario ó solicitalo un operador alternativo e o cliente quédase sen proveedor e sen saber cómo actuar xa que nestos casos Telefónica informao de que cursou a petición dun operador determinado e este di que non foi.
As consecuencias destos abusos comenzounos a detectar AI dende principios de marzo de 2003, e, a día de hoxe, a Asociación xa rexistra 107 casos de traspaso sen consentimento e estima que poderían afectar a unhas 13.000 tendo en conta o que sucedeu coa preselección, segundo sinala esta asociación.
Das 107 denuncias recibidas por AI, o 59 por cento corresponden a AUNA; síguelle, Red Eléctrica cun 17,7 por cento; detrás UNI2, cun 16,8 por cento e, por último, Tiscali, cun 6,5 por cento. A Asociación de Internautas solicita que as autoridades poñan en marcha un sistema de control de traslados de contratos e sancións e indemnizacións para evitar estos abusos.”
Fonte: libertaddigital.com

También podría gustarte
Comentarios