Día das Letras Galegas

Lendo agnix.org:
“Hoxe [onte], 17 de Maio, celébrase o “Dia das Letras Galegas”, unha tradición que se ven facendo ano tras ano dende 1963 e, pretende ser un punto de referencia no cal a lingua e literatura galega son personificadas na figura dun escritor.
No caso deste ano, a festividade recorda a Xesús Lorenzo Varela, vencellado ó fenómeno da emigración galega, ven ó mundo no barco “La Navarre” que transportaba á súa familia dende Monterroso (Lugo) á Habana (Cuba).
Tras pasar algún tempo en Arxentina, volve para Galiza onde fara os seus estudos de bacharelato e posteriormente trasladarase a Madrí a estudar Filosofía e Letras.
Co alzamento militar do 18 de Xullo, Lorenzo Varela intégrase no Quinto Rexemento de Milicias Populares. Activo membro da Alianza de Intelectuales Antifascistas, participa en labores de axitación e propaganda, publica os primeiros poemas en El mono azul –publicación da que é un dos seus redactores-fundadores–, escribe crónicas de guerra en Milicia Popular e no diario Ahora, e colabora na magnífica revista Hora de España.”…


Fonte: agnix.org

También podría gustarte
Comentarios