DOUS PONTESES ASCENDEN CO RACING VILALBÉS

O Xuvenil A e B ascenderon esta fin de semana con Alberte Ledo e Ayrton Nieto

O Racing Vilalbés está a vivir unha das mellores tempadas da súa historia. O conxunto veciño lucense acadou a quinta praza na Terceira División, a un só punto de xogar o play off, con Alex Cabarcos, Marcos Souto ou Sergio Arias nas súas filas.

Pero máis salientable aínda foi o ano da súa canteira. O seu Xuvenil A ascendeu esta fin de semana á División de Honra, a máxima categoría do fútbol español, pero non so iso, senon que tamén o seu Xuvenil B ascendeu á Liga Galega.

Nas convocatorias do primeiro xuvenil soe ser habitual, a pesar de ser aínda de primeiro ano, o dianteiro pontés Alberte Ledo Pita, e no xuvenil B soe ser titular o medio centro de segundo ano Ayrton Nieto Victorino.

De moito mérito foi o ascenso do xuvenil chairego a falta dunha xornada. Xa se sabe que o campión será o Celta B (80) e segundo o Deportivo B (72). Pero como acontecera hai dez anos co xuvenil pontés, estes dous equipos non poden ascender ó ter xa ós seus primeiros equipos nesa categoría, e farano o Pontevedra (64) e Racing Vilalbés (60).

Os lucenses arañaron onte na casa un valioso empate a 0-0 ante o Campión Celta B, o que lles deu o punto necesario, xa que se viron favorecidos pola derrota do Racing de Ferrol de Sergio Otero, 4-3 ante o Calasanz, polo que os verdes seguen cos 56 puntos e a falta dunha xornada xa non poderán alcanzar ós de Vilalba.

Culminou a boa tempada, o Xuvenil B vilalbés. Gañou na Liga de Lugo con 42 puntos, por 37 do Residencia A, 34 de Milagrosa e 32 de Ribadeo.

Na fase de ascenso de Campións cruzábanse precisamente co Meirás, Campión da Liga de Ferrol. Os de Valdoviño gañaron 0-1 na ida, pero o mesmo resultado se deu na volta no Misael Prieto, ganando os vilalbeses por 4-5 na quenda de penaltis.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios