Amigus
As Pontes

Dous galegos e un brillante Rochela dan a victoria a España sub19. Turquía 1 España 2

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Moi mal comezaban as cousas para España cando no minuto 12 Albayrak marcaba de tiro cruzado coa colaboración dun excesivamente blando Mario, instantes despois puideron marcar os otomanos o 0-2, pero unha boa cobertura de Rochela desbaratou o perigo. E asi transcorreu unha primeira metade para esquecer por parte do bando espñaol co seu dominio estéril e coa ventaxa turca que anotou un gol no seu único disparo a porta.


Peor parecía comezar o segundo tempo cando nun fallo garrafal De Gea dalle o balón a un xogador turco, este pasallo o seu compañeiro libre de marca e cando este parece que vai rematar a pracer o 0-2 aparece Rochela para desviar o balón a córner. E ahí foi onde se fixo a luz para España, inmediatamente despois un riguroso penalti sobre Joselu é transformado polo vigués Iago Falqué en empate (49´), e dous minutos máis tarde o tanque de Silleda Joselu cun bo golpeo dentro da área a pase de Jordi soprendeu ó meta visitante e poñía o 1-2 no marcador. Unha vez quitada a presión de encima España dispuxo de ocasións para sentenciar, non o fixo, deixouse levar, tanto, que no 87 puido empatar Turquía, pero Aydogdu so ante De Gea, cruzou en exceso e mandou o balón fóra.
En definitiva, tres importantísimos puntos para unha España que se acerca a semifinais pero que debe pulir moitos defectos se quere aspirar a facer algo en este complicado torneo. No restos dos partidos, tres empates e ningún favorito claro, os ingleses viron como Suiza lles empataba no último minuto (1-1), unha Francia ramplona arrincaba un empate ante os serbios (1-1) e a anfitriona Ucraina era incapaz de vencer a unha modesta Eslovenia con 10 (0-0).
O adestrador español Luis Milla alineou a De Gea; Mario, Pulido, Rochela, Morgado; Oriol, Sielva; Jordi (Nacho 91), Thiago (Canales 64), Iago Falqué (Raúl 77); Joselu.
Serbia e España enfrontaranse o vindeiro venres ás 17:30 na segunda xoranda do torneo.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios