Enrique Fornos e Galicia xogarán en cuartos de final coa complicada selección do País Vasco

A selección galega alevín conseguiu meterse na Fase Final do Campionato de España de Fútbol 7, e fíxoo tras gañar a Ceuta (2-0), Cantabria (3-0), empatar con Extremadura (0-0), e perder con Baleares (0-1). Os das illas gañaron todos os seus encontros e acabaron como claros líderes, mentres que a selección galega acabou en unha máis que digna segunda posición e enfrontaranse co difícil equipo do País Vasco, que na Primeira Fase quedou primeiro clasificado nun complicado grupo no que tamén estaban Madrid e Comunidade Valenciana.


Enrique Fornos xogou de titular tódolos encontros no centro da zaga, e mesmo exerceu de capitán.
Galicia xogará ás sete da tarde o seu partido de cuartos, os outros encontros serán Illas Baleares-C.Valenciana, Andalucía-Murcia e Castela León-Aragón.
A destacar no que vai do torneo a eliminación da selección madrileña, e tamén da actual campiona, a selección de Cataluña.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios