Enrique Fornos, a Extremadura

O futbolista pontés Enrique Fornos Domínguez ven de ser convocado para a segunda fase do Campionato de España que a selección galega desputará en Zafra, xunto ó combinado local e a seleción de A Rioxa.
Non poderá contar a selección con Yelko Pino, recentemente convocado pola selección espñaola sub19, cun ano menos, pero si terá a internacionais, como o dianteiro Javier Fernández “Bicho”, o medio Alberto Vilariño “Keko”, ou internacionais sub17 deste ano como o extremo esquerdo Brais Méndez, o porteiro Iván Villar, ou o propio Enrique.
O venres 28 enfrontaránse á selección local, e o sábado 1 á selección de A Rioxa. Ambos encontros xogaranse ás 12:15. Galicia sub18 necesita vencer os seus dous encontros despois dunha primeira fase na que perdeu con Cantabria (3-1), e gañou a Melilla (2-0).
En mellor posición está a sub16, pois venceu os seus dous partidos da primeira fase.
“fornos”


Na convocatoria tamén acude o extremo de Cabanas Álvaro Rey, e na sub16 o dianteiro, gran goleador, do Vilalbés, Víctor Eimil, ademáis dos internacionais Martín Fuentes e Alex Rey.
Selección Galega Sub18
RC Celta de Vigo: Brais Méndez, Fede Varela, Julio Delgado, Iván Villar, Diego Alende
RC Deportivo de A Coruña: Enrique Fornos, Óscar García, Javier Fernández, Hugo Díaz
CD Lugo: Daniel Pedrosa, Alberto Vilariño
Pavillón Ourense CF: Saúl González, Martín Torres
CD Lérez: Alejandro Sánchez, Iago Martínez
RC Ferrol: Álvaro Rey
Rápido de Bouzas CF: Federico Mintegui
CD Areosa: Raúl Espinosa
Selección Galega Sub16
RC Celta de Vigo: Martín Fuentes, Alex Ubeira, Alex Rey, Pablo Salgueiro, Samuel Martínez
RC Deportivo de A Coruña: Juan Brandariz, Aarón Sánchez, Rodrigo Parafita, Iago Parga.
Pavillón Ourense CF: Martín González
Ponte Ourense: Alberto Novoa
CD Conxo: Jorge Rama
Sárdoma CF: Diego Pérez
CD Areosa: Antón Alonso
RC Vilalbés: Víctor Eimil
CD Moaña: Xoel Del Río
SD Chantada: Pedro Delgado
Dumbría CF: Juan Lado
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios