ENTREVISTA A ALEX CABARCOS SOUTO E JUAN PRIETO CRIADO. DOUS PONTESES NA SELECCIÓN GALEGA. POR XOSE FERREIRO

Estas últimas semanas dous futbolistas ponteses tiveron o luxo de adestrar e xogar coa selección galega sub18. E ademáis fixerono pola porta grande, xogando cun ano menos e sendo o resto dos seus compañeiros futbolistas pertencentes a equipos das grandes cidades de Galicia. Por un lado, o agora lateral esquerdo Alex Cabarcos Souto, non so estivo nos catro adestramentos senon que ademáis viaxou ó País Vasco e tivo o luxo inesquecible de xogar de titular nos encontros fronte a selección de Ceuta (1-0) e a Rexión de Murcia (0-0). Por outra parte o medio centro defensivo Juan Prieto Criado, el so puido adestrar e xogar unha vez coa selección galega, estivo a un paso de ir a San Sebastián, pero dos 26 elexidos so podían ir 18, aínda asi debe considerarse como todo un exitazo. Unha vez máis, a gran canteira de As Pontes. Mantiven unha conversa con eles e estas son as súas impresións.
entrevista_alex_juan_001.jpg


Hola a ambos, ¿que sentichedes cando vestichedes a camiseta da selección galega?
Alex: Cando estás no campo non pensas no que levas posto, pero unha vez que acaba o partido poste a pensar, e ver que xogas con xente que pode chegar a ser famosa en Primeira División impresiona bastante.
Juan: Eu cando vestín a camiseta por primeira e única vez foi algo impresionante, foi demasiado, eu pensei “non podo facer outra cousa mellor” (risas).
Jeje, ¿Algún compañero voso de selección que vos gustara ou que destacara sobremaneira?
Alex: Estaba Iago Beceiro que unha semana antes acababa de debutar en Copa co Deportivo, e pensas, “hai unha semana estaba co Deportivo e agora está xogando aquí conmigo no mesmo equipo”. Pero o compañeiro que máis me gustou foi Kevin, do Celta, lateral dereito, ese rapaz é unha maquina, incansable, foi o que máis me impresionou de todos.
Juan: A min gustoume moito Javier Vispo do Racing de Ferrol, moi bo no medio.
Alex, ¿que che pareceu o País Vasco? ¿É tan bonito e comese tan ben como din?
Alex: San Sebastián é moi bonito, é precioso, o venres pola tarde tivemos a sorte de poder dar un paseo por alí, estivemos pola zona da praia, do mar, e aquelo é maravilloso, o hotel era moi lujoso e a comida estaba moi ben preparada.
Juan: E ademáis como ti “comes pouco” (Risas).
Jeje, Alex, xogaches de titular os dous partidos contra Ceuta e Murcia, ¿que me podes dicir da experiencia de xogar un Campionato de España coa selección galega?
Alex: Imaxinarme algo, pois máis por encima deso aínda, esta experiencia é das mellores da miña vida, e repetiría mil veces, daba algo por elo, non teño palabras para definilo, a cada persoa que me preguntaba eu non sabía que dicirlle, eu de cine, e incluso eu non tiña ningún problema en non xogar, en quedar no banquiño, pero aproveiteina ó máximo, paseino moi ben e disfrutei moitísimo, anque pasou voando e fixoxeme moi corto.

entrevista_alex_juan_001.jpg
Alex Cabarcos Souto

Estabades acostumados a xogar na Liga da Ría de Ferrol, sen presión, nunha categoría máis asequible onde non hai tanto agobio de ascensos e descensos, saltades ó equipo xuvenil de Liga Nacional, sendo de primeiro ano, xogando contra futbolistas na maioría dos casos dous anos máis maiores que vos, e hai que intentar salvarse, ¿en que notades o salto á liga nacional?, refirome en canto a xogo, pois está claro que máis presión e máis calidade xa se presupon.
Juan: Na potencia dos xogadores máis que nada, e tamén como dis ti na calidade, iso é tremendo. A parte que sempre hai algo máis de nervios ó empezar a xogar ahí, porque claro, na Liga Nacional non é a mesma presión que podes ter xogando na Comarcal.
Alex: A parte de que é unha categoría moi forte, pasas dunha liga menor en cadetes á segunda mellor que hai en xuvenís en toda España e aínda encima xogas contra xente que che leva, no meu caso a min por exemplo, algúns case tres anos, porque eu son de finais do 94, case do 95, entón é bastante complicado.
Unha pregunta incómoda, ogallá que si, pero, ¿creedes que vos salvaredes? ¿E os do primeiro equipo?
Alex: O primeiro equipo si, casi seguro que si, e nós, non che sabería dicir, eu espero que si, pero non depende dun solo, non depende do que pense un, todos nós temos que creer que podemos salvarnos.
Juan: Eu o primeiro equipo creo que si, bueno, fijísimo que si. E nosoutros, na miña opinión sempre dixen que nos íamos salvar, sempre, desde o principio, estaba convencido, pero agora xa non sei.
Agora tedes unha saída complicada a Vigo (Sárdoma) e logo ven o Lugo, pero os últimos 6 partidos, salvo a visita ó Victoria, son algo máis asequibles.
Alex: Ó final é algo máis fácil menos un partido quizáis, como dis ti, pero agora temos dous partidos seguidos complicados, e senon puntúas nestes dous quedanche seis estando no descenso e ahí é cando tes moita máis presión.
Juan: E se logras facer algún punto antes moito mellor.
¿Hai algún futbolista da canteira que vos guste? ¿Que lle vexades maneiras? ¿Como vedes o presente e o futuro da canteira pontesa?
Alex: Pois eu estaba pensando no teu primo Josiño, a verdade (risas).
Juan: A min tamén me gusta moito un rapaz moi pequeniño, creo que se chama Jose.
Alex: A min do ano pasado diríache Enrique Fornos, que fichou polo Deportivo, pero eu sempre o dixen, o problema si descendes é volver a subir, pero eu vexo unha xeneración moi boa, os infantís, alevíns, cadetes, confío en que dentro duns anos As Pontes vai volver a ter unha canteira moi forte, que xa o somos, a día de hoxe, pero ven unha xeneración moi boa por detrás que a min gustame moito.
Juan: E os máis pequeniños tamén están mellorando moitísimo.
entrevista_alex_juan_001.jpg
Juan Prieto Criado

Todos son moi bos, pero a min tamén me gustan moito Josiño e Hulk, anque recoñezo que ahí non podo ser obxectivo (risas) ¿Cal é o futbolista do primeiro equipo que máis vos gusta?
Alex: Pois non che sabería dicir, Bossa, David Vidal, Schuster, Charlón, Jordi, e tamén me gustaba Felipe Varela (risas).
Juan: Gustame moito David Amado porque é un exemplo a seguir, que chegou ó As Pontes en xuvenís e a base de traballar mira a onde chegou.
Ti Juan soes xogar de medio centro defensivo ou central, e ti Alex, soías ser interior, extremo, media punta, pero este ano sorprendiches no lateral esquerdo, posición na que xogaches na selección galega, ¿en que posto estades máis cómodos?
Alex: Na posición nunca teño ningún problema, desde pequeno menos de porteiro pasei por tódalas posicións, porque cando eres pequeño próbalas todas, e agora cada vez vaiseme definindo máis o posto, lateral, extremo, interior, e non me queixo, eu estou a gusto onde me poñan, se me poñen de media punta ben e se me poñen no medio campo tamén, non teño ningún problema.
Juan: Pois eu desde pequeno pasoume igual que a Alex, tiven que xogar en tódalas posicións, empecei de dianteiro e acabei xogando de central, e estiven de lateral un ano, pero onde máis me gusta xogar é de medio centro defensivo anque se xogo de central tampouco pasa nada.
¿Como vos definides como futbolistas? ¿Virtudes e defectos?
Alex: Non me gusta definirme pero teño calidade quizáis (risas), considerome máis técnico que físico, o de físico é porque quizais a veces me falte algo de intensidade, que sei que teño que dar máis pero é un defecto que teño nalgúns momentos, e tamén teño que ser máis forte, pero bueno, a forza e o físico podese arreglar co tempo.
Juan: Definirme? …
Alex: Forte, Juan é forte como él solo, é todo garra …
Juan: Entrega e sacrificio máis que nada e vou bastante ben de cabeza, pero sobre todo iso, entrega, e defectos teño que igual me precipito moito á hora de dar o balón ás veces, que en ocasións poñome moi nervioso cando me dan o balón e o teño no pé, pero bueno, vaise mellorando pouco a pouco.
Desde que chegachedes ó As Pontes sendo moi pequeniños gañachedes a Liga Alevín en 2005 empatados a puntos co Portuarios e a Liga Cadete en 2009 un punto por riba do Caranza, e dous por riba do Cebarca. Dicideme un momento no As Pontes que nunca esqueceredes, o máis feliz, e tamén o peor momento si é que o houbo.
Alex: O meu mellor momento, este, quizáis que con diferencia este ano vaime marcar moito, todo o ano en xeral, e sobre todo ultimamente co da selección galega, estou moi feliz, é un dos mellores momentos que estou vivindo no fútbol. O peor, non hai momentos peores, pero o ano pasado estiven 15 días lesionado, e cando volvín estabame sentindo moi ben e volvín a recaer un mes, e iso foi o peor, vías un balón diante túa e saber que non o podías tocar era o peor, o tema dos abductores.
Juan: O momento máis feliz foi que a principios de ano estaba na casa xogando á consola e chamaronme ó móvil de un número descoñecido que non sabía nin quen era, e cando me dixeron que me chamaban para ir a selección galega non o podía creer, e non hai ningún momento triste porque aquí sempre ves a adestrar cos amigos e o pasas moi ben.
entrevista_alex_juan_001.jpg
Asi me gusta, aparte da experiencia na galega, ¿que me comentades das vosas vivencias na selección de Ferrol? onde sodes titulares indiscutibles, bueno, sufrichedes algún que outro varapalo, 0-7 con A Coruña (risas), pero bueno, algún resultado interesante contra grandes seleccións e sempre vos chaman. ¿Que me podedes dicir dos vosos compañeiros, do voso adestrador, como son os entrenamentos?
Juan: Moi ben, a verdade é que eu iba algo nerviosiño a primeira vez que fun alí porque son rapaces que non os coñeces, estás de xogar contra eles pero non os coñeces persoalmente, pero a verdade é que son todos moi majos e acabas adaptandote perfectamente, moi ben.
Alex: Á selección de Ferrol eu xa vou desde que son pequeno, e despois de estar na galega un pode pensar que tal, pero nunca se lle resta méritos a estar na selección de Ferrol nin moito menos, eu vou moi orgulloso para alí e moi feliz de estar con eses compañeiros que son boa xente todos, e pasase moi ben adestrando.
Que por certo Juan, agora que o comentas, a min extrañoume moito que non te levaran cando eras cadete, porque para min ese ano, que gañachedes a Liga, fixeches unha gran campaña.
Alex: Estou totalmente de acordo contigo, eu tamén penso que o deberían haber levado.
Juan: Bueno, eu realmente primeiro estiven na preselección alevín, anque non fun na lista definitiva, pero bueno, ata que fun xuvenil non volvín a ir á selección.
Imos con preguntas algo máis persoais, se non é moita indiscreción, molladevos, ¿de que equipo sodes?
Juan: O Real Madrid, eu, desde pequeniño, levoo bastante dentro.
Alex: Eu desde pequeno do Madrid e máis do Celta (risas), e despois o Arsenal con diferencia, é o que me marca, porque o Barça ten unha filosofía, pero claro, eres do Madrid, e o Arsenal ten unha filosofía que a min encantame, a min enamorame o Arsenal e Arsene Wenger pra min é o mellor entrenador do mundo, é o meu preferido.
¿Cal é voso futbolista favorito?
Juan: A min desde pequeno sempre me gustou moito Juan Román Riquelme, que agora está no Boca, ten unha calidade impresionante, a parte de Lass Diarrá, que para min é tremendo.
Alex: A min cando era pequeño, Zidane, sempre, era a elegancia pura e dura, encantabame, pero bueno, dos de agora, diríache Sneijder e Ozil, máis Sneijder, porque xa leva máis tempo no mundo do fútbol.
entrevista_alex_juan_001.jpg
Equipo CD As Pontes Alevín 2005-06, Juan terceiro por arriba (ollo esquerdo), Alex terceiro por abaixo (ollo dereito). Foto xentileza de Hugo López Arias.

Imos a supoñer e a desexar que, despois de que se lles pase esta “torrija” que teñen agora, sobre todo os vigueses, o Depor se salve e o Celta ascenda, pero, ¿quen creedes que gañará a Liga, a Copa e a Champions este ano que está a cousa tan disputada?
Juan: Eu creo que a Liga vaina gañar o Barça sen dúbida ningunha, na Copa vai a haber un derbi bastante duro, e na Champions, si consiguen pasar a semifinais o Madrid e o Barça creo que un deles gañará o título, pero bueno, esperemos que gañe o Madrid.
Alex: A Liga, é difícil, pero probablemente o Barça, é unha ventaxa que o Madrid ten que gañar todo e o Barça pinchar e iso é moi difícil, e despois por outra parte a Copa é na que máis dúbidas teño, ninguén ten o factor campo, é a un partido, será moi reñida e é cuestión de ter algo de sorte, e na Champions está a cousa moi disputada, os equipos estranxeiros eu vexoos que as veces desinflan, o futbol italiano este ano sobre todo (Roma, Milan), culpa da Liga Española que se reforza moito, sobre todo o Barça e o Madrid que suben moitos escalóns eles dous solos, e estará entre o Madrid e o Barça.
E no tema da final de Copa que é o que máis cerca temos ¿non creedes que quizáis o Madrid parte con algo de ventaxa a pesar da calidade dos culés?, porque Pep xogará co porteiro suplente, Puyol está lesionado, Abidal afortunadamente está recuperandose, e pola contra o Madrid semelleba que tiña un so dianteiro, lesionouse Higuaín, e agora de repente “resucita” Benzemá e tamén fichan a Adebayor.
Alex: Eu quizais que lle dou máis importancia ó de Puyol que o do porteiro, porque eu creo que o Barça pode desinflar máis sen Puyol na defensa que sin Valdés, porque a porteria a veces pouco inflúe.
Mourinho, Guardiola, Del Bosque …
Juan: Na miña opinión non me gusta moito a forma de ser de Mourinho pero gustame moito menos a de Pep, porque pareceme que a veces é moi soberbio, intenta dicir sólo o que queren escoitar os demáis, a veces non di toda a verdade, quere quedar demasiado ben porque por exemplo mete cinco goles o Barça contra o Betis e di que aínda non está resolta a eliminatoria e eu penso que a veces hai que ser un pouco máis realistas, entón nese caso gustame máis Mourinho.
Alex: Eu ahí xa me decantei antes, adestrador, Arsene Wenger, con diferencia.
¿Messi ou Cristiano Ronaldo?
Juan: (Risas) É que son moi diferentes, e claro, o de Messi, el xa naceu con cualidades para xogar a fútbol, o de Cristiano aparte da calidade é un pouco máis a base de esforzarse e de traballar moi duro.
Alex: O mellor xogador do mundo, Messi, non teño ningún problema en dicilo.
entrevista_alex_juan_001.jpg
Equipo Cadete CD As Pontes Campión de Liga de Ferrol 2008-09. Juan quinto por arriba, Alex terceiro por abaixo (ollo dereito). Foto cortesía de Antón Ferreiro.

Alex, olvidandonos un pouco de culés e merengues, esta tiña moitas ganas de facercha, este ano no equipo femenino debutou unha cativa de 13 anos, que me está encantando, foi titular en case todos os partidos e ten unha veteranía e unha calidade impropia da súa idade, non se achica para nada, e non cho digo para facerche a rosca (risas). ¿Que me podes dicir obxectivamente da túa irmá Mireia? ¿Como a ves e que consellos lle darías?
Alex: Eu presumo de miña irmá, porque é unha cativa que lle gusta o fútbol, xa é de familia, a min, a meu pai, incluso a miña nai lles gusta o fútbol, e ver que entra nova e xoga con rapazas algunas de vinte e tantos anos, e ver que é prácticamente indiscutible a verdade é que me ilusiona moito, e un consello, que siga e que confíe nela, porque eu confío nela, e ten máis espíritu ca min, é o bo que ten ela, ten moita máis garra, a verdade é que estou moi orgulloso dela.
¿Onde estabades e como vivichedes o triunfo no Mundial aquel 11 de Xullo? Como afeccionados ó futbol ¿algún momento inesquecible?
Juan: Estabamos xuntos porque sempre andamos xuntos, coincidiunos velo na praza na pantalla, foramolo ver a un bar pero empezouse a ver a pantalla ben (risas), e entón volvemos e foi impresionante, eu pensei que ía a ser menos do que foi…
Alex: Eu nos penaltis non confiaba moito, porque Holanda ten uns tiradores impresionantes e España estaba sacando a case tódolos tiradores de penaltis, Villa fora, Xabi Alonso fora, claro, despois está Casillas, e eso xa axuda moito pero bueno … Despois, que pasen anos e xa non haxa unha selección como a de hoxe pois dis ti “Pois eu vivín o triunfo da selección española no seu primeiro mundial”.
Juan: O gol de Zidane na última vez que gañamos a Copa de Europa que me coincidiu que era pequeniño tamén foi impresionante.
Alex: O pasillo do Barça ó Real Madrid porque non e un gran acontecemento de fútbol pero iso queda grabado.
Bueno, pero o fútbol non ocupa todo nas vosas vidas, con 16 anos, aparte de ir o instituto, de adestrar e de xogar, ¿que outras cousas vos gustan e facedes? ¿Como é un día nas vosas vidas? ¿Como vos definides como persoas?
Juan: Eu considerome alegre, son bastante chistoso, gustame estar sempre de broma, digo bastantes tonterias as veces as cousas tamen hai que dicilas (risas), gustame moito xogar á consola, tamén teño moitas clases porque toca estudar nestes tempos, e logo ir a entrenar e tamén quedar cos amigos, con eles, os do equipo.
Alex: Eu quedar con eles que é cando mellor o paso, cando estamos todos xuntos, e logo dinme que teño un problema, que me preocupo moito polas cousas, dinme que non me preocupe tanto, que así igual non vives a vida como a tes que vivir. Dinme que non me preocupe tanto pero e moi difícil.
Bueno, si che sirve de consuelo, a min ás veces tamén me pasa algo parecido, bueno, moitísimas gracias ós dous, felicidades por ir á selección galega, e ogallá que vos salvedes e permanezades un ano máis na Liga Nacional que para un pobo pequeño como As Pontes é un luxo.
Alex: Moitas gracias a ti.
Juan: Moitas gracias pola entrevista que isto non se fai tódolos dias, ¿quen me ía dicir a min que un dia me ían a entrevistar? (risas).
entrevista_alex_juan_001.jpg
Equipo Xuvenil 2010-11. Juan arriba ó lado do presidente Xaime Castro, e Alex segundo por abaixo (ollo dereito). Foto cortesía de Antón Ferreiro.

También podría gustarte
Comentarios