Entrevista a David Rochela “Aspiramos ó título pero temos que ir paso a paso”, por Xóse Ferreiro

Acaba de chegar de Estonia despois de clasificarse para a Fase Final do Europeo Sub19 que se disputará en Ucrania do 21 de Xullo ó 2 de Agosto. Conseguírono tras gañar a un dos favoritos, Alemania, por 1 gol a 0. Pese a ter graves molestias en un hombro, David Rochela xogou ese partido e hoxe contanos coa amabilidade que o caracteriza cales foron as súas vivencias en Estonia e cales son as súas perspectivas de cara ó Europeo.

David_rochela.jpg


Noraboa David ¿Qué che pareceu esta fase intermedia de clasificación? Rivais moi complicados e con moito nivel ¿non? Por exemplo esa Alemania con Tony Kroos e Richard Sukuta-Patsu.
Pois desta fase de clasificación chegamos moi contentos. Sabiamos que o obxetivo era clasificarse, o que supoñía, sobre todo, eliminar a actual campiona, Alemania. Conseguimos chegar a ese partido coa tranquilidade de saber que o empate favorecianos e conseguimos sacalo adiante.
¿Qué tal te atopas formando parella con Jorge Pulido? Semella que ides ser a parella de centrais en Ucrania. ¿Cómo o ves?.
Con Pulido realmente entendome bastante ben. É un xogador co que teño boa relación, e esa comunicación fóra do campo trasladamola ó terreo de xogo.
Comentase que sodes un gran equipo na portería, na defensa, no medio, arriba destaca a calidade do “Torito” Aquino e de Joselu, pero … a sombra de Bojan e alargada ¿non? ¿Este equipo desde a base está acostumado a xogar con él como referencia pola súa gran calidade e agora botadelo moito de menos ¿non?
Home, a un xogador como Bojan sempre se lle pode botar de menos, porque é un xogador que pode desequilibrar un partido el so. De todas formas, temos uns grandísimos dianteiros e poden solucionar calquera papeleta.
Iago Falqué, Fran Mérida, Nacho Camacho, David De Gea (agardemos que lles deixen ir a todos), gran equipo, anque hai que ir paso a paso, como mínimo da para chegar a semifinais ¿non?
O que temos claro é que temos equipo para poder loitar por calquera cousa. Penso que realizamos un moi bo traballo e se xogamos o noso nivel, podemos aspirar a todo. De todas formas, temos que ir paso a paso e día a día
Xa confirmaron a súa presenza o anfitrión Ucrania, Serbia, Francia, España, Turquía, e nos vindeiros días saberase si se clasificarán Holanda ou Rusia (Grupo 2), Suiza ou Bélxica (Grupo 4) e probablemente Inglaterra pasará no grupo 6. ¿Cales crees que son os rivais máis fortes? ¿Será un man a man entre franceses, ingleses e españois como ven acontecendo case sempre ou agardas algunha sorpresa?
O que está claro é que cada vez é mais complicado ganarlle a calquer equipo. Por nome, supostamente España, Inglaterra, Francia… sempre teñen grandes aspiracións, pero hoxe en día non te podes fiar de ninguén.
Aínda quedan case dous meses e falta por facer a convocatoria definitiva, pero fuches un pilar básico nas dúas fases de clasificación, por tanto, si estás en perfectas condicións como desexamos todos, xa tes pe e medio na lista de Ucrania ¿non?
Por agora o corpo técnico está confiando en min, pero nunca se sabe o que pode pasar. A seguir traballando duro e a esperar a ver se me chaman.
Cambiando de tema, a tempada co Deportivo aínda non rematou, despois de eliminar á Real Sociedade na Copa Xuvenil, agora tocouvos o Tenerife, que ven de eliminar o Real Madrid, ¿que opcións ves na Copa, con rivais tan complicados como Barcelona (campión de Liga Xuvenil), Espanyol ou Sevilla?
Estamos con moita ilusión. Sabemos que os rivais son moi complicados pero penso que estamos en disposición de poder loitar contra calquera
¿Qué che parece o fútbol que está practicando este ano o Barcelona, que culminou onte co triplete, eres dos que lles gusta o fútbol preciosista ou eres máis conservador?
Penso que o fútbol que está desplegando o Barcelona é digno de aplauso. Creo que calquera afeccionado o fútbol ten que estar disfrutando ó velos xogar.
Pregunta comprometida, o descenso do Fabril, un xogador da túa talla internacional non debería de xogar en Terceira, nestes días estase falando de ofertas de equipos de Segunda e de Segunda B, e hai quen di que podes subir ó primeiro equipo ¿Cómo vives ti esta situación e onde te ves o ano que ven?
Vivo a situación con tranquilidade. Eu o que teño que facer e traballar ben o tempo que me falta co xuvenil e despois xa se verá. Ante todo calma.
Rematemos con algo máis feliz, o vindeiro luns acudirás ó Santiago Bernabeu para ser premiado co Balón de Prata do Fútbol Draft e o Balón de Ouro do Marca. Supoño que para ti ser considerado como un dos valores da canteira española supón unha satisfacción, pero ser o máis votado polo público, supoño que todas esas mostras de cariño e admiración serán moi valoradas por ti ¿verdade?
Sempre é unha alegría poder recoller premios de esta categoría e motiva ó mesmo tempo para seguir traballando duro. Ver que a xente esta ahí en todo momento é digno de admirar.
Moitas gracias David, coma sempre, esperemos verte en un par de meses en Ucrania. Ogallá que así sexa.

También podría gustarte
Comentarios