Entrevista a Manolo García, adestrador do C.D. As Pontes, por Xose Ferreiro

Manuel Angel García Rodríguez (Ferrol, 1968), máis coñecido como Manolo García, afronta a partir desta fin de semana a que será a súa segunda tempada ó fronte do CD As Pontes, a primeira completa. Ex xogador, entre outros, de Fabril, Sada, Brigantium (antigo Betanzos) ou Bergantiños, Manolo xogou durante cinco campañas de central no antigo Endesa de As Pontes (1994-99), tres en Segunda B e dúas en Terceira División. Como adestrador dirixiu ó Racing de Ferrol, Cerceda, co que quedou campión de Liga hai dúas tempadas, e agora forma parte do equipo pontés.
A once días de que se produza o debut do equipo pontés en competición ligueira ante o Dorneda, e antes de que o As Pontes despute o Trofeo Cidade de Viveiro, mantivemos unha conversa co preparador pontés, que nos atendeu moi amablemente, e estas son as súas impresións sobre o estado do equipo pontés antes do comezo da Liga na máxima categoría do fútbol galego.
manolo_garcia


Ola Manolo, moitas gracias por atendernos antes do partido, no que levas visto ata o de agora de pretemporada, ¿como a valoras? Aspectos negativos e aspectos positivos.
Ola, gracias a ti, pois en principio sabíamos que íamos a ser unha plantilla curta, e estase vendo agora, as primeiras lesións, do porteiro Iván, e de David, pois lastran un pouco ó equipo, hoxe Pablo López e o outro Iván González tampouco poden xogar, co cal quedamos con 14 xogadores con ficha, esto pode ser un indicativo do que pode ser a Liga en determinados momentos e da necesidade que temos tamén de que a xente que esteña tanto no equipo B coma no Xuvenil nos boten unha man, isto é un pouco o que podía pasar e está pasando xa, o de Iván que vai a estar un mes, e David que leva toda a pretemporada pois xa o comezo da Liga non o van a ter, estos son aspectos negativos que sabíamos que tiñamos que loitar con eles e sabíamos que ó longo da Liga cando cheguen os sancionados, pode chegar a ser, non sei si grave ou dramático, pero importante, e é posible que o nivel do equipo se resinta, e despois, no aspecto positivo, os xogadores, uns días mellor, outros peor, están asimilando pronto a imaxe que se pretende dar, sobre todo, hai xogadores do B que ata o de agora están facendo unha boa pretemporada, estamos moi contentos con eles e estou seguro que o longo do ano nos poden botar unha man e seguiremos contando con eles para que adestren habitualmente con nós, e ía dicir un aspecto positivo ata onte que non tiñamos prácticamente lesionados, excepto un, pero bueno, xa ves que nun día, pois pode pasar isto, entón agardo que cheguemos á Liga polo menos os que estamos, e que poidamos demostrar todo o traballo que levamos feito.
¿Que tal están respondendo as novas incorporacións? ¿das novas fichaxes podesme destacar brevemente algo dos sete, de Kiko, Nano, Pablo López, Pablo Domínguez, David Piña, Eloy e Magi?
Si, empezamos polo porteiro Kiko, notabase que chegaba dun ano precisamente neste equipo, o Viveiro, non tiña un preparador específico e entón costoulle ó principio os primeiros días, porque a intensidade que mete Momán nos adestramentos pois notase, pero é un porteiro que está crecendo e recuperando un pouco a forma, porque as condicións xa as tiña, e que, bueno, neste momento penso que xa ten un bo nivel. En canto a Pablo, Domínguez, sabíamos que era un seguro, so mirar as súas estatísticas nos últimos anos, demostranche que é un xogador que xoga habitualmente por riba de 30 partidos, e pouco máis podes dicir del, un home de rendemento estable, estabamos contentos xa coa súa incorporación e máis polo que está dando, despois os tres xogadores que viñeron do Narón, o lateral Jorge Nano é un xogador veterán que tamén é un pouco o líder que arrastra ós seus compañeiros coa súa intensidade, do que máis coñecementos tiñamos como xogador, logo o que máis me sorprendeu é o rendemento que está dando David Piña no medio campo, e Eloy, bueno, é un punta que non tiñamos desas características, penso que se está adaptando ben ó traballo, e os dous penso que melloran un pouco o que pretendíamos, e despois, do central Pablo López, pois un pouco tamén o seu curriculum o avala como futbolista, nos queremos que estes xogadores que xa levan tempo xogando, xa non lles pedimos que teñan unha temporada excelente, con que teñan unha temporada normal indica que van a axudar moito e o equipo mellorará no seu rendemento, e por último, o rapaz, o dianteiro Magi, pois é un rapaz que está aprendendo rápido, que ten condicións innatas, penso eu, para o futbol, pero que non temos que esquecer que está en período de aprendizaxe, ten 17 anos, ogallá este ano poda botar unha man, pero é un xogador de presente porque está con nós, pero sobre todo de futuro. E despois, os do ano pasado pois adaptándose ben, uns máis que outros, algún cuidouse menos que outros en verán (risas) entón pois teñen que facer máis esforzo, pero ben, en liñas xerais.
(Risas) E como me comentabas antes, algo que eu xa escoitei e lín moitas veces, o tema do equipo de 18 xogadores con ficha no primeiro plantel, da xente nova do filial ou do xuvenil, estás contando con moitos deles, ¿que tal os ves para a categoría?
Pois mira, case todos os que están con nós seguirán, uns máis que outros, en función das necesidades do equipo, cando necesitemos máis xente en defensa pois virán máis dese posto, etc, sobre todo eu destacaría a Criado e Moya, agora mesmo penso que destacan moito máis, eu leveime unha sorpresa importante cos dous, sobre todo Criado, adestra moi ben e trata de mellorar cada día, Moya vinno fisicamente ben, e bueno, seguimos á expectativa con Guillermo, un rapaz que sabemos que pode dar máis, e os que poden dar máis a exixencia para min sempre é maior, que dea máis porque é un xogador que si se pon ó ritmo do resto do equipo eu penso que pode xogar en Terceira División sen problema, o resto dos xogadores xa os coñecía do ano pasado, como Totti, como Palas, que adestraron con nós o ano pasado, e Javi, que aínda que está en período xuvenil xogou xa con nós. En xeral, serán xogadores que habitualmente estarán con nós.
manolo_garcia
manolo_garcia
manolo_garcia
manolo_garcia
¿Estás contento cos efectivos en tódalas parcelas do campo? ¿Crees que se pode facer algunha fichaxe máis ou pensas que se pode suplir coa xente da casa?
Home, a ver, como adestrador o equipo pódese completar, sen dúbida, existen posicións onde temos menos xente, non somos un equipo que teña extremos, excepto Diego, e probablemente estamos adaptando á xente a xogar nesas posicións, pero é un pouco a necesidade que temos, si o equipo non pode fichar a ninguén máis pois teremos que cumplimentar coa xente de casa ou a que temos do primeiro plantel, ogallá puidesemos ter un plantel de 22, e deixar a seis sen convocar cada semana, sería o máis cómodo, como os equipos da categoría, como Pontevedra, Somozas incluso, como o Racing de Ferrol, que ahí é onde penso que se vai a notar que ó final de Liga teñan máis puntos que o resto, porque cando veñan as dificultades do inverno, as lesións e as sancións pois eles terán un bloque de 22 xogadores do mesmo nivel e nós xogadores que van a estar con nós que probablemente esteñan “verdes” aínda para a categoría, que teñen condicións, que van a mellorar, pero que o equipo o vai notar, pero a ver, esto, dependendo de como esteña o mercado, o prazo de fichas ata Xaneiro está libre, entón pois veremos a ver si hai posibilidades, senon, pois tiraremos adiante co que temos e trataremos de que as lesións nos respeten, entre comiñas, pois isto non o podes ter de todo controlado.
Manolo, o ano pasado sufriches moito, o obxectivo era salvarse a contrareloxo, ó final houbo sorte de que nos salvamos, sorte merecida tamén, creo eu, pero non puideches traballar cómodo, a gusto, pero este ano que afrontas os 38 partidos digamos máis relaxado, con toda a tempada por diante ¿cal é o estilo que queres impoñer no As Pontes e sobre todo como queres que actúen os teus futbolistas no campo?
Bueno, é certo que cando chegas a un equipo tes que adaptarte ó que ahí, e cambiar un pouco a forma de facer as cousas é complicado, e hai un período de adaptación que non podía haber nese momento, eu sempre o que busco é que o equipo, sabendo a dificuldade que ten para este grupo, penso que nos falta, dende o ano pasado, e xa nalgún momento agora, algo de agresividade, agresividade digamos consentida e permitida polo reglamento. O equipo ten que ter moitísima máis agresividade á hora do roubo de balón e o que vamos a tratar sempre é que o rival non xogue cómodo en ningún dos sitios do campo, que saibamos xogar en longo e en curto, eu xa sei que o equipo xoga ben ó fútbol e co balón nos pes non temos problemas, o que temos máis problemas é que cando o rival ten o balón, recuperalo o antes posible, nós estamos traballando cada día para que o equipo poda recuperar, se pode ser en catro segundos pois mellor, un pouco de máis intensidade e que recupere o balón, esta é un pouco a dirección do traballo defensivo, para isto necesitamos a implicación de todos, basta con que un esteña un pouco despistado para que o note o resto do grupo, esta é unha batalla do adestrador cos xogadores todo o día, de sentir a importancia que ten estar concentrado o tempo que esteñas no campo e que xogar a fútbol non so é ter o balón, é saber estar tamén sen balón e facer as cousas ben, pero un pouco resumido, saber xogar a todo, se sabemos xogar a todo e desenvolvernos en todo, nalgunhas cousas mellor e noutras peor, podemos rendir en diferentes circunstancias, a categoría o pide, e despois penso que cando teñamos o balón, xa por instinto temos xogadores creativos, que pouco hai que dicir nese aspecto, pero onde máis hai que avanzar é na forma que temos de roubar o balón, e un pouco en intensidade defensiva, este é o cabalo de batalla que teño con eles e que terei todo o ano.
Manolo, a Terceira División, eu polo menos vexoa cada vez máis difícil, está Ferrol, Pontevedra, os dous filiais, Deportivo B e Celta B, o Compostela, tamén poden estar Alondras, Cerceda, Rápido de Bouzas… vai a haber catro descensos como tódolos anos, e estaremos pendentes do Coruxo e do Ourense, cada vez é mais difícil, entón o obxectivo primordial en principio debe ser salvarse, ¿como ves a situación este ano para o teu equipo?
A ver, é certo que estes últimos anos cos descensos de Pontevedra e Racing, a Terceira foi máis cara, sobre todo cando pensábamos que estes dous equipos nunha temporada deberían volver a ascender outra vez e estarían de volta na Segunda B, cada ano que están en Terceira en principio dúas prazas de ascenso a 2ªB as terán eles, e despois para o resto de equipos, como os filiais, que ves que poden estar ahí, o máis importante de todo coma sempre cando un chega a unha categoría é que o As Pontes o ano que ven volva a estar en Terceira, pero ese obxectivo é o básico, nos despois a onde podamos chegar xa nolo dirá a competición, veremos a ver como empezamos, que é o importante, e veremos a Liga onde nos leva, nos en principio tamén o estamos falando entre todos, non imos a renunciar a nada, sabemos que que o As Pontes esteña entre os 10 primeiros equipos eu penso que sería unha temporada moi boa para o equipo, entre os catro primeiros, excelente, por debaixo do décimo posto probablemente seña unha temporada boa tamén, é un pouco o que se pide ó equipo, pero repito, en principio non vamos a renunciar a nada, trataremos de seguir mellorando, e si todo nos sae ben como pensamos, que o ano que ven o As Pontes volva a estar en Terceira.
manolo_garcia
manolo_garcia
manolo_garcia
manolo_garcia
E dos cinco equipazos por chamalo dalgunha maneira que che nomeei antes, ou outros que podas considerar ti, ¿cal crees que vai a ser o máis forte, e algún xogador ou xogadores que poidan marcar a diferencia na categoría?
Ben, hoxe penso que o nome que está en boca de todos os adestradores é o do Racing de Ferrol, respecto dos anos anteriores que tamén pensábamos que ía a facelo ben, este ano penso que o Racing fichou a xente máis coñecida e que aseguran máis rendemento en Terceira, eu levaríame unha sorpresa enorme se o Racing non estivera sempre nos postos da fase de ascenso, a partir da xornada 5-6, que estén ahí metidos, e xunto a él Pontevedra, que probablemente baixou o nivel económico, pero bueno, tamén escolleu, foi a Cangas, escolleu a xente boa, e é un equipo de bo rendemento, Compostela penso que a liña de centrais, mediocentros e puntas é do mellor da categoría, este é un rival tamén feito para estar arriba, fichou ó máximo goleador ou un dos máximos, do ano pasado, Joselu, no centro do campo Mariño probablemente é un dos xogadores con mais galóns de toda a Terceira División, xunto con Gonzalo, os centrais Germán e Manu Castiñeiras son homes veteráns que saben xogar, e bueno, aseguran rendemento, sempre e cando os respeten tamén as lesións, e logo os filiais, o Fabril xa ten experiencia dun ano na Terceira, e despois vamos a ver o Celta B como se adapta á categoría, pero cos seus primeiros equipos en Primeira División os rapaces queren chegar a 2ªB o antes posible, e o de sempre, despois imos a ver ó Alondras como se adapta, despois das baixas que ten e probablemente tamén a forma distinta de xogar despois de que se fora Fredi, o Cerceda estou seguro que a base é a mesma, polo tanto o equipo andará por ahí arriba, e o Rápido que “incordiarᔠcoma sempre, estará sempre loitando por arriba, e a ver este ano quen van ser as sorpresas, xa veremos.
E dos rivais da zona, do Racing de Ferrol xa nos falaches, pero Narón, Somozas e Vilalbés, ¿como os ves?
Home, en principio Vilalbés e Somozas foron os primeiros que puideron fichar, Somozas, a ver, escolleu tamén, penso que fixo boas incorporacións, a outros non os coñezo, pero dos que viñeron de aquí hai xente con moitas tablas en Terceira, e eu penso que vai ter un bo rendemento, o Vilalbés mantén moito o grupo, defensivamente van a ser moi fortes, con moita agresividade, porque o adestrador lles vai a mentalizar diso, e probablemente o Narón, pois se nos tivemos dificuldade á hora de confeccionar o equipo, pois o Narón tivo un pouco máis, é un equipo máis xusto, do grupo en principio no que nos meten tamén a nós, e ó Vilalonga e ó Bergantiños, que tamén tiveron dificuldades, xa digamos non so económicas, senon de saber quen ía dirixir o clube, un pouco vexo sobre todo o Narón, probablemente a priori o máis débil destes, porque eu penso que tanto Somozas e Vilalbés os anos anteriores veñen de facer boas temporadas, e non teñen porque non facelas esta temporada.
Xa nun ámbito máis persoal Manolo, ti xogaches cinco anos no antigo Endesa As Pontes, e bueno, non imos a falar do descenso contra o Langreo na 1997-98, que creo que coincidiu que marcaches ti o gol do empate no desconto nese partido que non nos valeu para salvarnos, que foi o momento, deduzco, máis triste, pero bueno, dos cinco anos que estiveches como xogador do equipo azul, ¿que me podes dicir da túa estancia no clube?, ¿o mellor momento como xogador?
Si, marquei o gol. Pois mira, eu deportivamente como xogador foi o sitio onde realmente puiden disfrutar do fútbol, home, viña dun equipo onde eramos máis que un plantel, un conxunto de amigos que sacou moi bo rendemento e que gañamos a Liga, o Bergantiños viña de descender de Segunda B, pero conseguimos bos resultados, eu cando cheguei a As Pontes era un equipo de Terceira pero futbolísticamente moi profesional toda a xente, penso que excepto Alfonso que traballaba de máis, o resto nos adicabamos a isto, tratabannos como profesionais e actuábamos como tal, e bueno, hai que recoñecer que o ano que ascendemos, pois eramos un pouco o que se pode dicir hoxe en día do Racing de Ferrol, un equipo feito “a dedo”, e vivín as temporadas en 2ªB pois xa che digo como un profesional máis, nese aspecto, o bo que ten este equipo é que moitas cousas permanecen, tratándose de conservar de antes, e isto non o teñen moitos equipos de Terceira, pero eu repito, é onde mellor estiven a nivel profesional, é un sitio onde traballas moi ben, onde sempre, agora vivo como adestrador, pero como xogador, respetan o teu traballo e axudanche en todo o que poden, e sen dúbida probablemente o ascenso que tivemos en Salamanca na 1994-95, é un momento que nunca olvidarei, porque era un ascenso, o segundo como xogador, pero bueno, a primeira vez a Segunda B sempre marca, e despois, home, cando estivemos en Segunda B pois partidos que te enfrontas a equipos grandes, nese caso xogar creo que era contra a UD Las Palmas, recordo máis partidos, pero especialmente ese en Canarias, un campo, de estar acostumado a xogar en As Pontes, a xogar con 20.000 persoas, pois sempre chamaba moitísimo a atención, e logo pois outros partidos máis, a Copa do Rei contra o Celta de Vigo na 1995-96, bueno, días importantes ó longo de varios anos, e lamentablemente ó final o último ano pois non nos chegou para manter a categoría, pero repito, estiven moi contento como xogador e agora que tiven a oportunidade de volver como adestrador pois é o mesmo, a xente cree no adestrador, tratan de facer o imposible para que esté contento, e os xogadores tamén.
manolo_garcia
manolo_garcia
manolo_garcia
manolo_garcia
manolo_garcia
manolo_garcia
Como ex xogador e agora como adestrador, en definitiva, como afeccionado ó fútbol, estes anos por aquí puidemos desfrutar moito do fútbol ¿non?, FC Barcelona, Real Madrid, selección española …
Home, selección española sempre, xa estábamos cando non gañábamos nada e agora máis, como bonito a nivel ofensivo-defensivo o Barça fai un fútbol moi bonito, como eficiente diríache o Real Madrid, conseguir doblegar ó Barça no mellor momento da súa historia, é para valorar, facer unha Liga como a do ano pasado de 100 puntos, isto é un record, sobre todo pensando que so se poden sumar 114, perdeu so 14 puntos na Liga, é algo difícil de volver a ver, probablemente este ano os dous pola diferencia que teñen co resto, da selección sempre, sen dúbida, e xa che digo, a eficiencia do Real Madrid, e bueno, hai outros equipos que fan as cousas moi ben, cada un na súa Liga, probablemente a competitividade do fútbol inglés non existe en ningún lado, e o fútbol alemán dos últimos anos tamén me gustaba moitísimo, son xogadores moi físicos pero que destaca que cada vez tratan de cultivar moito máis o toque de balón, saen moitísimos xogadores de talento, Sahin aínda que non o puidemos ver é un xogador de moitísimo talento, Ozil, e bueno, como eles, uns cantos máis, e coma sempre pois o futbol italiano, pendentes da Juventus de toda a vida máis que de outra cousa, sempre foi un equipo que me caeu simpático, sempre o seguín, sobre todo porque sempre me gustou un adestrador que estivo moitos anos, Marcello Lippi, e bueno, sempre o seguín, pero repito o fútbol bonito, bonito, é difícil de comparar o fútbol do FC Barcelona tanto en ataque como en defensa.
E precisamente o fío do que me dis agora de Lippi tamén che quería preguntar, ti como adestrador, Mourinho, Guardiola, Del Bosque … ou algún que digas ti por ahí dos moitos bos que hai, que che guste, Unai Emery, por exemplo (risas).
Si, a Unai por exemplo tiven a fortuna de adestralo, e recordo moitísimas horas de voo que sempre nos coincidía nos asentos polos apelidos e sempre falando, e mira onde está él, a verdade é que o mereceu, el amosou durante todos os anos que estivo de adestrador, que cando un adestrador fai unha temporada boa, a seguinte ben, a seguinte tamén, pois está onde está porque ninguén lle regalou nada, despois eu penso que probablemente Mourinho ten algo máis que o resto, a veces eu penso que tamén son coñecementos, pero sabe levar o rendemento do equipo a onde él quere e manexar todo o entorno e a dificuldade que ten un equipo como o Real Madrid tamén, probablemente a forma de ser en certos momentos o traicione, pero a nivel competitivo é probable que esteña un punto por riba do resto, e despois Guardiola foi unha sorpresa desde que empezou, e bueno demostrou o que demostrou, o Barça tivo moi bos xogadores, pero facer o que fixeron so o fixeron con él, veremos agora se o rendemento é o mesmo, e despois penso que para o fútbol español é unha sorte ter a Vicente Del Bosque de adestrador da selección española porque é a imaxe do noso fútbol, un home paciente, que sabe aguantar a presión sen problema ningún, e que cando tes a oportunidade de estar con él en algunha charla se comporta como un home perfecto onde mirarse, eu penso que é un bo representante do fútbol español.
E xa a última, facendo de sibaritas, se nos poñemos a soñar, ¿algún xogador famoso que che gustaría dirixir?
Neste momento que estamos en Terceira penso que calqueira que esteña en Primeira División pois o sería, pero bueno, tiven a sorte de que cando estiven en Segunda adestraba a moi bos xogadores e o que si que che podo dicir é que os moi bos xogadores notase, xa so dandolle ó balón, e da gusto traballar con eles, a xente realmente é moito máis humilde e traballan moito máis do que o publico en xeral a veces pensa.
Bueno Manolo, moitas gracias, deixote marchar que xa te tes que ir o vestiario.
Moitas gracias a ti, e xa sabes, cando queiras.
manolo_garcia
Fotografías cortesía de Antón Ferreiro
DESDE AMIGUS, EN NOME DE TODA A AFECCIÓN PONTESA, QUEREMOS DESEXARLLE Ó CD AS PONTES MOITA SORTE, MOITO ÁNIMO E TODO O NOSO APOIO NO SEU PRINCIPAL OBXECTIVO DE PERMANECER EN TERCEIRA DIVISIÓN UNHA TEMPORADA MÁIS.

También podría gustarte
Comentarios