ENTREVISTA A YAIZA PALEO CORRAL E PATRICIA BLANCO CARBALLO

Como un auténtico soño poden describir Yaiza e Patricia todo o vivido este fin de semana. Fai apenas catro meses estaban sen equipo e agora acaban de chegar de Valencia despois de representar a As Pontes e a case tres millóns de galegos no Campionato de España sub15, unha experiencia que xamáis poderán esquecer nas súas vidas. Unha selección galega sub15 que xogou este fin de semana a Primeira Fase do Campionato de España, conseguindo unha vitoria ante a selección da Rexión de Murcia (3-0), e unha derrota ante o equipo local, a Comunidade Valenciana (3-0). Mantiven unha conversa coas pontesas Yaiza Paleo Corral e Patricia Blanco Carballo, as dúas rapazas que fixeron historia como pioneiras no fútbol pontés, e estas foron as súas impresións.

Yaiza e Paty


Hai apenas catro meses estabas sen equipo, e agora ves de representar ó noso pobo e a Galicia no Campionato de España en Valencia. ¿Que sintes? ¿Cómo o asimilas?
Yaiza: Pois síntome moi afortunada porque non todas as persoas teñen a oportunidade de vivir unha experiencia como esta. Isto non é fácil de asimilar porque pensar que hai uns meses non había nin equipo de fútbol campo feminino, e agora estar na selección galega….
Paty: Síntome moi satisfeita de poder participar na Selección Galega e representar a Galicia, e sobre todo, xogando ó fútbol.
– ¿Cómo valoras, o feito de xogar na selección galega, á túa compañeira de equipo, as túas compañeiras de selección, a adestradora Pilar Neira, ás rivais, e a cidade de Valencia?
Yaiza: Para min é unha oportunidade moi boa de practicar a miña afección favorita, e ademáis indo con unha das miñas amigas.
Paty: Valoroo con moito orgullo, as rivais da Comunidade Valenciana foron moi fortes, e a cidade de Valencia moi bonita e a súa selección moi boa.
– ¿Qué sentiches ó vestir a camiseta e ó escoitar o himno da selección?
Yaiza: Para min vestir a camiseta da selección galega foi como un gran soño que tiña dende pequeniña feito realidade.
Paty: Sentín moita felicidade, ata que puxen a camiseta non me creía que estaba na selección galega.
– ¿Con que cousas te quedas desta experiencia en Valencia? ¿Qué momentos gardarás para sempre na túa memoria? ¿Cal consideras un momento imborrable?
Yaiza: Pois para min foi unha das experiencias únicas que se dan na vida. Ademáis de coñecer a moi boas rapazas e deportistas.
Paty: Coas cousas que me quedo, é que puiden representar a Galicia e tamén a As Pontes. Na miña memoria gardaría toda a experiencia que experimentei coa selección, moi bonita para min, nunca na miña vida olvidarei este acontecemento. O meu momento imborrable para min a parte da experiencia, é cando xoguei no partido contra a Comunidade Valenciana, nunca se me olvidará.
Yaiza_Paty1.jpg
– ¿De quen te acordas neste momento? ¿A quen lle estas máis agradecida?
Yaiza: Hai moitas persoas ás que lles estou agradecida polo apoio que me deron dende que empecei a xogar no CD As Pontes, en especial ó adestrador do clube, Xavier Salido, e ó presidente, Xaime Castro, que son os que tiraron cara adiante con todo isto, e por suposto, ós meus pais que levan loitando conmigo desde que tiña 5 anos e sempre confiaron en min, e máis a meu irmán que cando eramos pequenos sempre xogabamos xuntos.
Paty: Neste momento acordome de todas as miñas compañeiras de equipo. Estou agradecida a todas elas e ás da selección, por suposto.
– ¿Cando che comezou a gustar o fútbol e cando comezaches a dar as primeiras patadas ó balón?
Yaiza: O fútbol sempre me gustou, dende moi pequeniña cando lle empecei a dar patadas ó balón ós 5 anos cos compañeiros da escola.
Paty: O fútbol comezoume a gustar dende que era unha neniña, aínda case non tiña dentes. É os 5 anos decidín comezar a xogar o fútbol sala porque tiña máis que decidido que o fútbol era o meu.
– ¿Antes de xogar no CD As Pontes xogaches en algún equipo? ¿Practicaches o fútbol dalgunha maneira?
Yaiza: Nunca puiden xogar a fútbol campo porque non había equipo femenino, pero empecei a xogar nos maratóns que se facían entre os colexios.
Paty: Sí, xoguei dende os 5 ata os 14 anos nun equipo de fútbol sala, e resultoume moi ben este equipo, ata que pasei ó futbol campo ós 14 anos, estame gustando moito o futbol campo, é impresionante.
¿Cómo valoras a experiencia que estás vivindo este ano co As Pontes na Primeira División Autonómica? ¿Qué opinas das túas compañeiras e do teu adestrador?
Yaiza: As miñas compañeiras son do mellor que hai, intentanche axudar, apoiamonos unhas ás outras…. E en canto ó adestrador pois tamén é do mellor, aínda que as veces se cabree porque non lle fago caso. (Risas).
Paty: A experiencia valoroa moi ben, porque as miñas compañeiras estanse portando moi ben e os meus adestradores son moi bos.
– ¿Cal é a posición do campo na que xogas, e cal é a que che gusta máis a ti, na que crees que te desenvolves mellor?
Yaiza: Para min a miña posición desde sempre foi lateral dereito porque é na que me sinto máis cómoda.
Paty: A miña posicion no campo é ser dianteira e síntome moi a gusto nesta posición, desenvolvome moi ben.
– ¿Cómo te ves nun futuro no mundo do fútbol?
Yaiza: Pois non miro cara ó futuro, o que teña que vir virá…
Paty: Véxome xogando ó futbol, e se tivera outra oportunidade de xogar en calquera selección, non a perdería, e tamén se tivera a oportunidade de representar a España aínda me sentiría máis orgullosa, porque eu ata que morra ben sabe Deus que nunca na vida pararei de xogar ó fútbol, porque me gusta moitísimo, é un deporte que aprecio moito, ben o sabes.
– E como non todo vai a ser fútbol, ¿como é a túa vida diaria? ¿Cales son as túas afeccións?
Yaiza: A miña vida diaria supoño que será coma a de calquera rapaza de 14 anos, estudar, salir coas amigas/os, ir ó cine… As miñas afeccións dende pequena sempre foron o fútbol e a música.
Paty: A miña vida diaria agora mesmo e adestrar e ser estudante de Secundaria. As miñas afeccións son xogar ó fútbol e facer moito deporte, cousa que tamén me gusta moito.
Pola miña parte dar as gracias a Yaiza e Patricia por toda a amabilidade que tiveron conmigo durante estes meses, extensible a todo ó equipo feminino.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios