Entrevista ó adestrador e as xogadoras do CD As Pontes Feminino. Por Xose Ferreiro

1.jpgJavier Garcia Salido naceu en Madrid en 1965, foi un gran central no CD As Pontes durante moitas temporadas, nunha epoca gloriosa. Chegou aquí na tempada 1988-89 procedente do Teruel e tras 15 campañas deixou o cadro local en 2004. Xa arraigado en As Pontes, casado cunha pontesa, e con dous fillos, adestra desde os seus inicios ó equipo feminino. Tranquilo e afable coma sempre concedeme unha entrevista pouco antes de que comece a terceira temporada do equipo feminino pontés na Segunda División Autonómica, e estas son as súas impresións.
– Hola Javi, na primeira tempada tiveches as baixas de xente importante como Laura, Diana, Nerea … na segunda xogadoras como Andrea, Mar, Paula … deixan o equipo … e agora entre tocadas e lesionadas tes a Carlota, Sara, Candela, Emma … a pesar de todo o equipo sigue en pé, ¿como afrontas esta temporada?, sobre todo o comezo.
Hola, ó principio si que había un pouco de incertidume, porque necesitabamos que as xogadoras entre comiñas do B colleran o relevo ás maiores, a tempada anterior acabamos sendo 12 ou 13 xogadoras nos partidos, e eu tiña medo de que as pequenas non quixeran comprometerse nun grado importante co equipo, pero tivemos unha charla e intentamos que o equipo feminino seguira adiante, e para min esto foi moi importante. E afrontamos esta Liga tamén cun pouco de incertidume porque hai 4 equipos novos, dous formados este ano e dous que baixan dunha categoría superior, o meu obxectivo e tentar quedar o máis arriba posible e que as cativas aprendan e vaian crecendo como futbolistas.
– Por outra parte como ti ben dis contas con moitas das xogadoras do Equipo B que o ano pasado gañaron a Liga de Ferrol, como Chipy, Nato, Sabela … e tamén se incorporou xente nova e de calidade como Mireia, Lia, Laura, ou menores que darán que falar nun futuro, como Carmela e as dúas Raquel, García e Béjar, que foi convocada nin máis nin menos que pola selección ferrolá alevín masculina. ¿Qué esperas delas e que futuro lles auguras ás máis noviñas?
A verdade é que estou moi contento coas incorporacións porque anque son novas no mundiño do fútbol, vexolles que teñen gañas de aprender e teñen condicións para ir traballandoas e chegar a ser boas xogadoras, as rapazas do Equipo B faltalles asumir que son xogadoras do equipo feminino a tódolos efectos, e cando collan responsabilidade vamos facer un papel importante porque serán o complemento necesario para, coas maiores, que teñen moita calidade, facer un gran equipo.


– Este ano teredes como rivais a moitos dos equipos habituais, dous que descenden de Primeira, Val do Ulla e Silleda, e estrenase Monte Forte, dun pobo grande como Monforte e San Tirso, da sempre complicada A Coruña, ¿segue habendo moito nivel non? ¿Cales consideras que van ser as rivais máis difíciles? e ¿que esperas do equipo a nivel de clasificación?
En principio das que coñezo o Orzán B ten que quedar arriba, o Pastoriza tamén ten bastante bo equipo, en teoría eses dous van a estar arriba, logo os equipos que baixaron dunha categoría superior, isto non quere dicir que vaian a ser aspirantes ás primeiras prazas, eso verase, porque no fútbol feminino hai moito cambio de xogadoras dunha tempada a outra. Eu o que espero é que o noso equipo estea nunha zona de medio para arriba sen marcarnos un obxectivo, e se as pequenas se comprometen imos facer un papel bastante bo.
2.jpg

CD AS PONTES FEMININO 2008-2009 (Foto Fabián)
Leti, Candela, Sara, Paty, Yaiza, Emma, Laura
Salido, Nerea, Diana, Carla C, Patri, Lau, Jani, Silvia, Guillermo
Arancha, Paula, Andrea, Lara, Carlota, Cati, Carla, Mar

– ¿Que estilo é o que máis che gusta?
Pois mira, eu son do Real Madrid, pero divirtome vendo xogar ó Barcelona, e a miña idea do fútbol está clara, eu anque fun defensa gustame o fútbol de ataque, de non especular co resultado nin ver o que fai o contrario senon de ir a pola victoria. Agora tamén está de moda o de xogar cun só dianteiro e eu son partidario de xogar con dous.
– Os teus fillos, David e Martín, aínda son noviños pero seguen os teus pasos como futbolistas, ¿que consellos lles darías de continuar nun futuro no mundo do fútbol?
Eu os meus fillos o consello que lles dou é que fagan deporte e que cando un se compromete a facer algo, hai que dalo todo, logo si sae ben ou mal xa depende de moitos factores, pero polo menos quedar contento, se non valgo ou non chego, que non sexa por non poñelo todo da miña parte.
– ¿Como é Salido cando abandona o banquiño?
Pois son un pai normal que ten muller e dous fillos, que intenta que os seus fillos sexan persoas de ben, e intento levarme ben con todo o mundo e ser boa persoa.
3.jpg
CD AS PONTES FEMININO 2009-2010 (Foto Fabián)
Leti, Carlota, Patri, Mar, Andrea, Silvia, Jani, Cris Bocelo
Pita, Salido, Nato, Candela, Sara, Paty, Lau, Carla, Paula, Emma
Clara, Lara, Yaiza, Alba, Chipy, Sabela, Cris Moirón, Andrea C.

– ¿Que lle dirías ós ponteses para que acudan a ver ó equipo feminino, ou incluso a algunha cativa ou muller por si se quere apuntar para o ano?
O primeiro ás mulleres de As Pontes dirialles que a calquera que lle guste o fútbol e teña gañas de aprender a xogar, que se pase por aquí polo Poboado que ten as portas abertas para, primeiro facer deporte, e despois tentar ensinarlles o que eu modestamente sei, pero que acudan sen ningunha vergoña e sen ningún medo, e ós afeccionados digolles que merece a pena vir ver ás rapazas do As Pontes porque elas en cada encontro dan todo o que poden e saben, e necesitan e merecen o apoio da xente, creo que vele a pena ver o esforzo e o tesón que poñen.
– Xa sei que haberá moitos, pero ¿cal foi o teu momento máis feliz como adestrador e o máis feliz como futbolista?
Pois sobre todo un momento importante foi o día que fomos a xogar a Arteixo contra o Pastoriza, o campo tiña unha cuarta de barro, o Pastoriza iba segundo clasificado, iamos xustas, e eu vin que as miñas xogadoras ian un pouco encollidas, e ese partido gañamolo 0-2, ademáis cun dominio absoluto de todo o partido, e ver que estaban as miñas xogadoras todas tan contentas, que se tiraban no barro e como se abrazaban para min foi un dos momentos máis felices desde que estou aquí como adestrador. Como xogador, eu empecei a xogar con 12 ou 13 anos, e estiven como futbolista ata os 41 … E ainda sigues … (Risas) … E son moitos, pero sobre todo cando conseguín os ascensos aquí co CD As Pontes a Segunda División B e cando xogamos a Fase de Ascenso a Segunda División A no ano 1992.
– Xa para rematar, Javi, eu teñote que felicitar, ver as xogadoras ó principio e velas agora como xogan en equipo, todas melloraron e evolucionaron moitisimo, a parte do seu propio mérito ti puxeches o teu graniño de area, non sei, por exemplo Lara, quedo alucinado … imaxinate que por calquer circunstancia (estudios, traballo), algunhas das que estan aqui desde o principio teñen que deixar o equipo … ¿con que experiencia, valor, vivencia, algo que ti lles ensinases … che gustaría que se quedasen do seu paso polo equipo femenino?, e ¿con que te quedarías ti delas?
Bueno, unha das cousas que me gusta do fútbol é que normalmente hai xente sana e soes facer moitos amigos, e anque logo ti cambies de equipo ou deixes o fútbol, as amistades que se collen non se perden, que non olviden que terán amigas para toda a vida. E no tema das cativas unha cousa moi importante é ver que son un grupo, unha piña, que son amigas, que as maiores intentan axudar ás máis pequenas, e iso para min é un orgullo como adestrador, ver que son boas persoas.
MOITAS GRACIAS JAVI!
Sabado 18 pola mañá, un día antes de que comece a terceira temporada do fútbol feminino pontés, falo con algunhas das rapazas do equipo sobre como afrontan este novo ciclo e as súas vivencias nas dúas anteriores campañas. Debutaron este domingo 19 en Val do Ulla, pero non xogarán en casa ata o 3 de Outubro (San Tirso). Son a capitana Patri Dopico, media punta, a Messi do equipo, a delegada e gran central Emma, única e insustituible, a porteiraza Leti, solo ela xogou tódolos partidos, a media punta Carla, coa camiseta do seu amigo o fenómeno Rochela, a prometedora interior dereito Clara, que chama ás portas da galega sub16, e a dianteira Candela … Prieto, lesionada durante case un ano, pero que seguramente se recuperará axiña e pronto a veremos nos terreos de xogo. Son as seis que están ese día no Campo do Poboado, grandes elas, pero podería ser calquera, porque todas son importantes. Mantiven unha conversa coas rapazas do equipo feminino e estas son as súas impresións:
4.jpg
Patri, Emma, Leti, Carla, Clara e Candela.

– Hola a todas, ¿para este ano cales considerades que van a ser os rivais máis difíciles?
Carla: Hola, os novos, Val do Ulla, Silleda e San Tirso, os dous primeiros descenden dunha categoría superior e o San Tirso din que está formado por xente escollida.
Clara: Os equipos novos non os coñecemos, pero dos do ano pasado Pastoriza e Orzán B teñen bo equipo.
Candela: Val do Ulla e Pastoriza.
Leti: Val do Ulla.
– ¿Que agardades do equipo a nivel de rendemento e clasificación?
Emma: Espero que o equipo se manteña, e que sexa un equipo tanto no campo, como fora, no dia a dia. O importante e que a xente xogue, que esto siga para diante e que a xente quede contenta.
Patri: Eu espero que na clasificación se reflicta o traballo que facemos todos os días, e sobre todo a evolución que tiveron as xogadoras e o equipo nestas dúas temporadas que levamos xogando.
Candela: Espero que poidamos mellorar e estar nos postos de diante.
Leti: Eu espero repetir posición, quintas.
Carla: Eu creo que cuartas … Por ahí andaremos.
Clara: Eu espero que cuartas ou terceiras.
– Entre as xogadoras que xa non están no equipo e as lesionadas, hai moitas baixas, ¿como afrontades a temporada?, sobre todo o inicio.
Leti: Con medo, ás lesións.
Patri: Con medo, a que non se lesione ninguén. Como as pequenas aínda non colleron o ritmo de xogar con nós, temos que ir pouco a pouco, ó principio que non se lesione ninguén para ir tirando e que as pequenas vaian collendo confianza pouco a pouco.
Emma: Este ano, con respecto á tempada pasada, comezamos con dúas baixas por lesión importantes, Carlota e Candela. En relación ás baixas, destacar as de Paty Blanco a da selección galega, e Paula LB.
Carla: Con medo ás lesións, pero pola miña parte con moita ilusión xa que é o primeiro ano que empezo enteira, facendo toda a pretemporada a un nivel alto.
Clara: Cun pouco de medo tamén, esperando que non se lesione ninguén.
– A baixa de Paty Blanco si que se vai notar moito, snif, pero no aspecto positivo este ano incorporanse moitas das pequenas que gañaron a Liga de Ferrol o ano pasado, xente de calidade como Mireia, Laura e Lia, futuribles como Carmela e as dúas Raquel … ¿Que futuro lles augurades e cales creedes que van chegar lonxe? … Aparte de Clara (Risas).
Patri: Penso que as pequenas vanse adaptar ben na categoría, teñen potencial e evidentemente o futuro do As Pontes feminino está nelas. Raquel é a xogadora con máis proxección, gustaríame vela xogar nunha Liga feminina, e a que máis me sorprendeu este ano, polas gañas e ilusión que lle pon é Carmela, que si sigue así pode lograr o que se propoña.
Emma: O futuro terano que buscar elas, que son o relevo do equipo. As rapazas do Equipo B do ano pasado pasan a formar parte do equipo principal polo que todas terán as mesmas oportunidades. As máis pequenas, que aínda non teñen a idade para facer ficha veñen con gañas, e iso é o importante.
Carla: Carmela, aínda que non podo ser obxetiva porque é a miña prima (Risas) … E Laura e Mireia tamén.
Leti: Raquel a que máis, e Carmela, que é unha nena que loita e que vai adestrar todos os días a pesar de non ter idade de xogar.
Clara: Eu penso que calquera delas indo a entrenar tódolos días e esforzándose poden chegar lonxe. E as novas Laura e Alba tamén.
Candela: Raquel pode ter un gran futuro e Laura está poñendo moito impetu.
5.jpg
CD AS PONTES FEMININO CAMPIÓN LIGA DE FERROL 2010 (Foto Antón Ferreiro)
Salido, Clara, Natalia, Paula V, Andrea, Cris Moirón, Antía, Cris García
Sabela, Jessica, Chipy, Nato, Uxía.

– A parte do CD As Pontes, e dos nosos, Rochela e Adrián López, jeje, dicideme un equipo que vos guste e un futbolista que admiredes.
Carla: Deportivo e Xavi Hernández.
Patri: Barcelona e Xavi Hernández.
Leti: Barcelona e Valdés.
Clara: Deportivo e Iniesta.
Candela: Real Madrid e Cristiano Ronaldo.
Emma: Barcelona e Iniesta.
– ¿Que lle diriades ós ponteses pra que acudiran a ver os vosos partidos? porque, anque fieis, sempre somos os mesmos … a parte de que sodes moi guapas (Risas) …
Emma: Que é un momento para disfrutar e apoiar tanto ó fútbol feminino como ó deporte de As Pontes. Que pensen nas dificultades que temos as mulleres para entrar no mundo do fútbol e máis aquí, que non existe unha tradición forte respecto a este deporte.
Leti: Que hai que darlle máis importancia, agora que temos equipo feminino, hai que dar un pouco de apoio.
Candela: Que as xogadoras necesitamos o apoio de toda a xente, non soamente dos familiares.
Patri: Eu penso que lle deberían dar unha oportunidade ó fútbol femenino.
Clara: Que o fútbol feminino tamén vale moito.
Carla: Pois que o fútbol feminino tamén é importante, que se o intentan poden pasar un bo rato disfrutando dos partidos… Hainos moi entretidos e reñidos! (Risas).
– ¿Cal foi o voso mellor momento desde que formades parte do equipo?, unha victoria, un partido, un gol …
Candela: O primeiro gol que marquei, en Tordoia.
Carla: O ano pasado contra O Val en casa, acababa de saír dunha lesión, e estabamos quentando Chipy e máis eu, e alguén do público berrounos “veña, que ides revolucionar o partido!”. Iamos perdendo 0-2, saímos e na primeira xogada collín un rexeite, paseillo a Chipy e marcou. Foi incrible! Se non se suspendera o partido estou segura de que empatariamos. Tamén me lembro do meu debut en casa ante o Noia (8-0), debutabamos moitas noviñas e as maiores non deixaron de darnos ánimos en todo o partido.
Emma: O primeiro partido en casa. A ilusión, a enerxía, a emoción, a esperanza… eran adxectivos destacables naquel debut. Tamén recordo un gol de falta de Lau contra o Pastoriza, que foi moi especial.
Patri: O partido de Copa contra A Guarda aló, que perdemos, pero bueno, conseguiramos pasar a cuartos e xogar contra un gran equipo, tamén foi a viaxe máis longa, un lugar hermoso, e resultou ser un partido especial. Tamén o debut en casa contra o Friol cando saltamos ó campo e todo o público nos aplaudía foi un momento único.
Clara: O partido contra o Pastoriza alá que gañamos 0-2 e o meu primeiro partido, en casa contra a Milagrosa.
Leti: O partido de Copa do ano pasado que gañamos en casa contra o Boiro.
– Por último, ¿que supón para vosoutras levar a camiseta do As Pontes polo mundo adiante?
Leti: Buuuf … Unha ilusión que tiña desde pequena.
Patri: Responsabilidade.
Carla: Satisfacción, orgullo e responsabilidade, pois representamos algo moi importante. De pequena nin soñaba que puidese xogar aquí.
Emma: É un orgullo que as rapazas de As Pontes poidan poñer a camiseta, e máis como equipo de fútbol. Representar ó pobo é interesante a todos os niveis.
Clara: Un soño que tiña e un orgullo.
Candela: Moito orgullo.
MOITAS GRACIAS E MOITA SORTE!
6.jpg
Primeiro partido Liga 2010-11. Val do Ulla 2 CD As Pontes 1 (Foto Emma)
Salido, Leti, Alba, Yaiza, Patri, Lau, Lara, Jani, Carla, Janira, Pita
Silvia, Chipy, Natalia, Andrea, Clara, Laura, Sabela

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios