ESTA FIN DE SEMANA COMEZA A LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2013/14

Cos mesmos equipos que o pasado ano, coa nova de que o vixente campión de liga, Santaballés, pasa a denominarse BAR XARDÍN, a vindeira fin de semana comeza unha nova edición da liga de fútbol de veteranos de As Pontes. Despois de dezaoito xornadas, a competición rematará o 9 de marzo de 2014, para de seguido iniciarse a copa, na que o vixente campión é o conxunto de As Pontes 74.

PRIMEIRA XORNADA
5/6 – Outubro – 2013
Xuntanza – As Pontes 74 (Sáb. 5, 20,00)
Bar Xardín – Mobles Eume (Dom. 6, 10,00)
La Galaxia – Farmavida (Dom. 6, 11,00)
MMYPEM – Maren (Dom. 6, 12,00)
Descansa: A Cepa


Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios