Amigus
As Pontes

ESTEBAN DÍAZ CAMPIÓN GALEGO DE PISTA CUBERTA

O atleta pontés acadou dúas medallas nos campionatos galegos.

O gran atleta pontés Esteban Díaz Pérez ven de ter unha formidable actuación nos Campionatos Galegos Master en Pista Cuberta levados a cabo esta fin de semana en Ourense.

O atleta do Club Atletismo Narón competiu en dúas probas, en Master 40. Nos 800 metros foi segundo clasificado e medalla de prata cun tempo de 2:12:83. Por diante quedou Amador Pena (SD Compostela) con 2:11:57, e completou o podio Miguel Álvarez (Ourense), con 2:14:93.

Sensacional rendemento tivo nos 3.000 metros, nos que gañou o ouro sobradamente cun tempo de 9:07:17. Lonxe dos seus rexistros completaron o podio o propio Miguel Álvarez (9:44:95), e Alejandro López (9:51:04), ambos do Ourense Atletismo.

Nova XF. Fotos Esteban Díaz.

También podría gustarte
Comentarios