O ESTEO FUTBOL SALA

O equipo pontés recibe ó Cuéllar Cojalba

O Esteo recibe este sábado no Pavillón da Fraga ó Cuéllar Cojalba. Os ponteses son décimos con 20 puntos, mentres que os segovianos están un posto e dous puntos por enriba.

Deben buscar un resultado positivo trala derrota contundente ante o colista. O Esteo gañou 4-1 ó Cuellar na primeira vez que visitaban a Fraga, pero ollo que os seguintes resultados foron 2-5, 2-4 e 1-2, con tres triunfos visitantes consecutivos.

Curiosamente, os segovianos pederon todos os partidos a domicilio no que vai de Liga, seis, menos un, xa que, sabendo facer os deberes da salvación, venceron 2-6 na casa do colista.

O Esteo xa sabe que xogará o último día de Abril co Burela nas semifinais da Copa Xunta, sendo a outra eliminatoria un duelo entre equipos de Primeira, Santiago contra O Parrulo.

SEGUNDA DIVISIÓN B (17ª xornada)
O ESTEO FS-FS CUÉLLAR COJALBA
Sábado 17 – Febreiro – 2018 (18:30)
A Fraga

Liga da Terra Chá
– Sábado 17 –
Cadete. O Esteo – Begonte (12:00)
Infantil. O Esteo B – Begonte B (11:00)
Alevín. Cospeito – O Esteo (10:30)
Benxamín. Outeiro A – O Esteo (11:30)
Prebenxamín. Castro – O Esteo (12:30)
– Martes 20 –
Infantil. O Esteo A – Guitiriz A (18:00)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios