O ESTEO FUTBOL SALA

O Esteo visita este sábado ó Albense en Salamanca

O Esteo pontés de fútbol sala visita este sábado Alba de Tormes para enfrontarse ó Albense.

A pesar do magnífico rendemento do cadro pontés ante o Cuéllar (7-3) o pasado sábado, de pouco lle serviu, pois gañaron os tres equipos de abaixo, que non teñen intención de descender, Leis 6-4 ó Xove, Ventorrillo 1-2 ó Valladolid, e Unión Arroyo 3-5 ó Albense.

O Albense está sétimo con 24 puntos, un posto e un punto por riba dos ponteses. Nos seus encontros vense moitos goles, xa que é o terceiro máximo goleador da categoría, pero tamén o segundo conxunto máis goleado.

Dúas derrotas do Esteo nas primeiras visitas a Alba de Tormes, 11-4 e 3-1, e dous empates as últimas campañas, 2-2 e 3-3. Como ven sendo habitual o equipo terá moitas baixas, Javichu, Pana, Ayala, Pellón e o lesionado Juan Cruz, polo que Javi Saa so disporá de dez xogadores.

SEGUNDA DIVISIÓN B (18ª xornada)
CD ALBENSE FS-O ESTEO FS
Sábado 24 – Febreiro – 2018 (18:00)
Alba de Tormes

Liga da Terra Chá
– Sábado 24 –
Infantil. Mondoñedo-O Esteo A (11:30)
Infantil. O Esteo B-Outeiro (10:00)
Alevín. O Esteo-Outeiro (12:00)
Benxamín. O Esteo-Xermade (13:00)
Prebenxamín. O Esteo-Outeiro (11:00)

Nova cortesía de Xose Ferreiro e Moisés Fernández

También podría gustarte
Comentarios