O ESTEO INICIA A PRETEMPORADA

O equipo pontés comeza a Liga o día 23 de Setembro

O conxunto pontés de fútbol sala do Esteo iniciou este luns día 21 a súa pretemporada.

Coas cinco renovacións de Javichu, Gerardo, Héctor, Rober Paz e Ayala, e as oito fichaxes, o mítico Pana, Diego Pellón, Dani Martínez, Ayrton Nieto, Jesús Lourido (Pontedeume), Martín Otero (Ventorrillo), Juan Cruz (Cinco Coruña) e Iván Gago (Ribeira), tamén farán a pretempada dous canteiráns, o porteiro Sergio Cal, e o xogador de pista Andi.

No día de onte falou o vicepresidente do clube, Juan Rodríguez, o adestrador Javi Saa, e a nutricionista Mar. Logo de pesarse todos os xogadores, houbo sesión de carreiras pola Fraga.
Nestas semanas, xogarán contra Begonte, Pontedeume e Ribeira de Piquín, farán a presentación ante a súa afección ante o Burela FS, que busca retornar a Primeira División, e antes do comezo da Liga xogarán un triangular en Pontevedra ante Leis e Zamora. Entremedias, tamén se ten previsto xogar o partido de Copa co Ribeira.

Terá 13 rivais na Liga o equipo pontés. De Galicia, o descendido Cidade de Narón, ademais dos habituais Leis Pontevedra, Ventorrillo, Pizarras Tres Cuñados e Xove, os casteláns leoneses Universidad de Valladolid, Zamora, Albense, Cuéllar, Guardo, Atlético Benavente, coa novidade do Unión Arroyo. Asemade tamén estará o equipo asturiano, tamén novo, do Santiago de Sama.

O Esteo comeza a Liga recibindo ó Atletico Benavente o día 23, para visitar despois ó Universidade de Valladolid o 30.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios