Euroeume asina 3 novos contratos de axuda dentro do Leader +

O pasado xoves 12 de febreiro asináronse 3 novos contratos de axuda dentro da iniciativa comunitaria Leader +. Desta maneira unha empresa de servicios técnicos, un criadeiro de ratos albinos e cobaias e un centro de formación informática serán financiados cos fondos do Leader + xestionados por EuroEume, e que neste caso suman unha inversión de 47.412,47 euros.


1.- Intrasa S.L. (empresa de servicios técnicos). As Pontes
O proxecto consiste no acondicionamento e equipación dun local para prestar servicios no campo da enxeñerí­a agroforestal e medioambiental.
Conta cunha inversión de 14.595,21 euros dos que subvencionarán 3.940,71 euros.
2.- José Vilaboy (criadeiro de ratos albinos e cobaias). As Pontes
O proxecto consiste na edificación, acondicionamento, compra de equipa necesaria e compra de exemplares reproductores, para a creación dun criadeiro de ratóns e cobaias para a alimentación de reptí­s. O proxecto pretende a reproducción en cautividade de roedores para atender a un mercado en forte expansión, permitindo ao promotor un fácil acceso ao mercado cuns relativamente baixos custos de producción. O proxecto permite abrir novas ví­as d eproducción no rural atendendo a novas tendencias na demanda, permitindo demostrar que existen nichos de mercado que podan complementar rendas e incluso formar a parte principal forma de ingresos do promotor.
A inversión total prevista é de 62.172,89 euros dos que 16.786,68 serán aportados pola Iniciativa Leader.
3.- José Manuel Tenreiro (Centro de Formación informática). Pontedeume
O proxecto vai dirixido á creación dun centro de formación especializado no ensino de informática, que contarí­a con secretarí­a, dirección, sala de profesores e aula con capacidade de 15 postos informáticos e un para o persoal docente. Ademais contaría con outras dúas aulas sen material informático e dous cuarto de aseo. Como parte do proxecto só se contempla, en relación co local, o acondicionamento do mesmo, mobiliario e equipa necesaria para o desenvolvemento das actividades. Os obxectivos do mesmo serán correxir as deficiencias existentes na formación en materia de informática aplicada, programas.
A inversión será de 47.412,47 euros, e a financiación Leader de 11.378,99
4.- Por último quedou pendente de asinar o proxecto de Illas ecolóxicas de Pontedeume (por enfermidade do Sr. Alcalde de Pontedeume), que conta cunha inversión de 160.313,50 euros, dos calse 96.369,90 proceden de fondos comunitarios e 64.246,60 corresponden ó propio concello de Pontedeume.
Cortesía de Miguel Teijido (EuroEume)

También podría gustarte
Comentarios