EUROEUME CONVOCA ‘ASAMBLEA XERAL ORDINARIA’

Este xoves, 5 de maio, ás 20.00 horas, celebrarase na Casa da Cultura do Concello de A Capela, unha nova convocatoria da “Asamblea Xeral Ordinaria” da Asociación Euroeume. Esta asamblea está aberta a tódalas asociacións e persoas do territorio interesadas no desenvolvemento do territorio que abrangue a asociación: A Capela, As Somozas, As Pontes, Cabanas, Pontedeume, Monfero, Moeche, San Sadurniño e Vilarmaior.


Nesta ocasión os temas incluidos na orde do día refírense á aprobación das contas do exercio anterior, e para o orzamento do exercicio actual. Por outra parte informarase na mesma dos diferentes proxectos e actividades desenvoltas por Euroeume ó longo do ano 2004: Xestión da Iniciativa Comunitaria Leader +, Programa ENEA e ”Proxecto Maiores”, candidatura EQUAL muller XXI,  etc.
As Pontes, 3 de  maio de 2005
Se precisan mais información contactar con
Angel Lorenzo Cea
Director Comunicación
981 440668

También podría gustarte
Comentarios