EuroEume edita 25.000 mapas do territorio do Eume

Baixo o título de “eume, un turismo diferente…”, a Asociación EuroEume, en colaboración co Centro de Iniciativas Turísticas Eume Turismo, ven de editar 25.000 folletos, que inclúen un mapa detallado do territorio, cos diferentes activos turísticos e patrimoniais, as rutas de sendeirismo, e unha detallada guía de establecementos do territorio do Eume.


Esta guía, elaborada por EumeTurismo, e financiada por EuroEume e a Dirección Xeral de Turismo, estará a disposición do público en oficinas de turismo, e dos diferentes establecementos de hostelería, restauración e hospedería da zona do Eume, así como nas ofinas que o CIT Eume Turimos ten no Areal de Cabanas, e nas de EuroEume en As Pontes.
Esta actuación xurde como resposta ás demandas de información dos turistas que se achegan ó territorio do Eume; tanto a nivel de mapas da zona, como da existencia de rutas de sendeirismo, da oferta de actividades alternativas de ocio, a ubicación dos diferentes establecementos de restauración, dos aloxamentos, dos puntos de venta de artesanía local, os puntos de información turística do territorio, etc.

También podría gustarte
Comentarios