Euroeume súmase ó plan piloto de recollida de plásticos agrarios

Lendo diariodeferrol.com:
“O turismo e o medioambiente teñen elementos moi coincidentes. Así, con frecuencia, existen acordos que resultan difíciles de encaixoar. Este puidese se-lo caso da decisión que os socios de Euroeume adoptaron na xuntanza de Taramundi. Alí, os participantes, ó redor de vinte persoas -entre as que se atopaban responsables da Xunta e do Principado- amosáronse partidarios de sumarse ó plan de recollida de residuos plásticos agrarios para evita-la contaminación que pode derivarse dos materiais utilizados para a construcción e o funcionamento de invernadeiros e silos, entre outras estructuras.”…


…”Trátase dun plan piloto. Non obstante, del xa participan tres cooperativas do área de Ferrolterra, Agrofor, Narahío e O Val, segundo se pon de manifesto dende a Administración autonómica. Con esta acción preténdese, por un lado, garantiza-la recuperación dos plásticos e, polo outro, evitar que os mesmos rematen afectando e deteriorando o hábitat e as paisaxes naturais que hoxe por hoxe constitúen a maior reserva de bosque atlántico de Europa, as Fragas do Eume. Este obxectivo, por conseguinte, enmárcase máis dentro do que pode considerarse unha promoción turística que unha acción medioambiental. A idea tamén pasa pola implicación dos veciños, para o que se prevé a distribución de propaganda a fin de concienciar á cidadanía sobre a necesidade de racionaliza-la utilización de envases e, en concreto, bolsas de plástico.
Por outra parte, na xuntanza tamén se abordou a posibilidade de poñer en funcionamento un servicio de transporte mancomunado a fin de facer máis operativa e rendible a comunicación entre os veciños que se distribúen nos nove municipios que conforman a zona Euroeume.”
Fonte: diariodeferrol.com

También podría gustarte
Comentarios