ÉXITO DO CLUBE ATLETISMO OLYMPO NA CARREIRA DA MULLER

O equipo pontés de Atletismo desprazouse este domingo 22 de Setembro á cidade de A Coruña para participar na Carreira da Muller. Ás 07:30 sairon catro autobuses repletos dende o Cine Alovi.
Nesta popular carreira, que se disputaba por primeira vez en Coruña, e que tamén se celebra en Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla, Zaragoza, Gijón e Vitoria, podiase completar o percorrido tanto correndo, como andando, sobre todo para a xente máis veterana.
Ás 10:00 da mañá comezou a carreira de 5 kilómetros de distancia, na que o equipo pontés logrou unha dobre victoria.
A primeira por ser o concello con representación máis numerosa, xa que nin máis nin menos que 239 mulleres foron ás que chegaron á liña de meta, e segundo pola suma dos tres primeiros tempos, que marcaron a Campiona do Descenso do Sella, Susana Bellas, que foi 23ª, outra piragüista, Campiona de España, Virginia Polo, irmá do Campión de Europa, o gran Antonio Polo, que foi 44ª, e Tania Bellas 180ª. Chegaron á meta 2.620 mulleres.
De volta a casa o Concello de As Pontes obsequiou ás participantes con bocadillos, augas e diversas pezas de froita.
Gran éxito das mulleres pontesas esta pasada fin de semana na capital herculina, boa laboura de Susana Castro, e gran traballo do Clube Atletismo Olympo no fomento do deporte pontés.
carreira


Igualmente o Clube Atletismo Olympo anima a toda a xente pontesa que queira participar con eles en adestramentos e carreiras. O seu contacto é atletismoolympo@gmail.com.
carreira
carreira
carreira
carreira
carreira
carreira
carreira
carreira
carreira
carreira
carreira
carreira
carreira
carreira
carreira
carreira
carreira
carreira
carreira
carreira
carreira
carreira
carreira
carreira
carreira
carreira
carreira
carreira
carreira
carreira
carreira
carreira
carreira
carreira
carreira
carreira
carreira
carreira
carreira
Nova Cortesía do Clube Atletismo Olympo, Susana Castro e XF

También podría gustarte
Comentarios