Exposición Artesáns do Eume

O Venres 13 abre a Exposición Asociación Artesáns do Eume, esta é a primeira mostra deste colectivo recentemente constituido; nela amosanse as distintas disciplinas da artesanía : torneado en madeira, canteiría, escultura, xoguetes en madeira, cestería, encaixes, fiado,xoería etc… . Esta asociación acolle a artesáns de toda a Comarca dende Pontedeume, Vilarmaior, San Sadurniño, A Capela ata As Pontes . 


cartel_artesans_ok.jpg

Na Sala de Exposicións Mercado Vello dende o 13 ata o vindeiro 28 de Febreiro poderanse ver múltiples traballos realizados coas mans e axudados por técnicas dende as mais tradicionais ata as mais avanzadas e con deseños novidosos e os que nos recordan as pezas antigas..
Cortesía: Dpto. de Cultura. Concello das Pontes

También podría gustarte
Comentarios