Exposición da A.VV. As Camperias
Esta fin de semana estarán expostos no Mercado Vello os traballos realizados nos cursos de talla de madeira, restauración de mobles, e bordado e bolillos, organizados pola A.VV. As Campeiras.
A exposición estará aberta hoxe entre as 18:00 e as 21:00. Mañá de 11:00 a 13:00 e tamén de 18:00 a 21:00. A última oportunidade para ver todos estes traballos realizados durante o curso pasado será o domingo de 18:00 a 21:00.