Exposición fotográfica Reollo

A agrupación fotográfica Reollo de As Pontes inaugura hoxe, na Avenida Castelao, unha exposición onde 15 veciños empregan a modo de galería na rúa a reixa do Colexio Santa María para mostrar algunhas das súas mellores instantáneas. Completa a mostra unha proxección audiovisual, que se poderá contemplar varias noites no exterior do concello, e que contén unha selección más ampla e temática de imaxes dos participantes. Ambas montaxes poderanse ver na vila pontesa ata o luns 22 de xullo. A exposición é posible grazas á colaboración co Concello das Pontes dentro da organización das festas patronais.

También podría gustarte
Comentarios