FALAMOS CON BORJA PRIETO VALERA, por Xose Ferreiro

Acaba de debutar esta fin de semana con unha victoria na categoría senior no Campionato de Castela León, co seu novo equipo, o Clube Deportivo Elemental Piragua de Madrid, que conta nas súas filas, entre outros, co campión olimpico Saúl Craviotto ou o campión mundial Jaime Acuña. Falei con Borja Prieto Valera e estas son as impresións sobre o seu debut.
Borja-2.jpg


Hola Borja, ¿Que tal foi a competición desta fin de semana? ¿Cales son as túas sensacións?
Foi un momento moi especial, porque era a primeira vez que competía con outro clube que non fora o Grupo Xuvenil Endesa, vai ser para min un momento inesquecible.
As sensacións na regata non foron as mellores porque as condicións climatolóxicas non acompañaban, xa que facía moito frío e tiven moitos problemas nas mans, motivo polo cal non puiden disputar a victoria absoluta, xa que me superou Carlos Garrote, do equipo nacional sub23, pero obtiven a victoria en categoria senior, o que supón un bo debut co clube.
Borja-1.jpgSei que aínda acabas de chegar ó teu novo equipo, pero ¿cómo valoras os primeiros días, o clube, os compañeiros …?
Pola miña situación de concentración permanente coa selección en Avilés, non podo seguir o día a día do clube, pero a xente acolleume moi ben, é un clube novo pero que está situándose pouco a pouco nun nivel moi bo, tanto na canteira como nos palistas que vimos de fóra, e a ver se esta tempada logramos poñelo entre os 5-10 primeiros do piraguismo español.
Do que levas visto ata o de agora, ¿Qué é o que máis che atraeu e chamou a atención da cidade de Madrid?
De Madrid chámate todo, é unha cidade moi cosmopolita e moi aberta á xente, e sobre todo, moi volcada co deporte.
Deixas atrás toda unha vida no Grupo Xuvenil Endesa. ¿Gustaríache dicir algo? ¿Algunhas palabras?
Podería adicar un libro enteiro, porque o Grupo Xuvenil é toda a miña vida, e non so teño compañeiros, senón que é toda unha familia, e eu son como o fillo que marcha da casa cando é maior. A min gustaríame seguir toda a vida no clube, pero a un proxecto coma este non se lle pode dicir que non, a xente que me coñece sabeo e todo o mundo no clube me animou a levalo a cabo, por iso tamén marchei con gañas de facer algo grande.
O peor momento
O peor momento sen dúbida foi a perda de Corral, foi un pao moi duro para tódolos piraguistas, xa non so en As Pontes, senon para toda a familia de piraguistas española, Corral era moi querido, e para min, persoalmente era un gran amigo, unha persoa á que me encontraba moi unida e que sempre estaba preocupada por min, coma se fose un irmán, xa che digo, era unha persoa incrible.
O teu mellor momento, o logro que máis valoras e do que máis satisfeito estás como piraguista.
Como piraguista podoche falar de dous momentos, o primeiro a nivel persoal, xa que grazas ó piraguismo coñecín hai máis de tres anos á miña noiva, no Campionato do Mundo en Szeged (Hungría), e o segundo a nivel profesional, que foi cando quedei campión de Europa sub23 con Saúl Craviotto.
Hoxe en día no grupo Xuvenil Endesa atopamos, entre outros, ós incombustibles Polo e Pedreira, ós sempiternos do Kaiak Polo … pero dos máis noviños, ¿ves a algún con posibilidades de chegar lonxe?, ¿algún sucesor teu?
Calquera dos rapaces que hai no clube pode chegar a ser coma min ou coma Polo, Pedreira, Serafín … ou mellores, pero o que teñen que facer coma en todo deporte e ser serios, adestrar e desputar as competicións, que todo pouco a pouco acaba chegando
Que sentiches cando o teu compañeiro Saúl (co que quedaches campión de Europa sub23) quedou campión olímpico formando parella con Carlos Pérez Rial ”Perucho”? ¿Xa se lle vían maneiras cando competía contigo? ¿A onde crees que pode chegar?
Eu antes da final sabía que se non lles pasaba nada podían sacar medalla, e que se lles saía a carreira perfecta podian incluso gañar, nunca vivín unha carreira de piraguismo tan nervioso coma esa, e iso que eu non competía nela, pero sabía que eles ían a conseguir algo moi grande, e cando gañaron chorei de emoción porque xa non so eran as horas de adestramento que compartimos durante anos, era tamén que dous grandes amigos meus conseguiron o soño polo que todos loitamos no noso deporte, a gloria olímpica.
Maneiras víanselle porque Saúl é moi explosivo, a táctica que usaron él máis Perucho era moi parecida á que empregamos nós para poder gañar no sub23. Saúl pode voltar a conseguir outro ouro en 2012 en Londres, sobre todo porque cambiaron a distancia dos 500 metros pola de 200, na que el se defende mellor.
Tes razón, aquel final cos alemáns Rauhe-Wieskotter pisandolles os talóns foi apoteósico. Dos palistas que hai hoxe en día a nivel galego, español ou internacional, ¿hai algún no que te fixes?, ¿qué che sirva de referencia?
Pois eles dous, Saúl e Perucho, ¿Qué mellor referencia que coa que adestras tódolos días si ademáis son os mellores do mundo?
Ahí falaches, si señor, ¿Cales son os teus obxectivos para este 2010?
O obxectivo deste ano é poder meterme dentro do K4 1000 metros (que é o da distancia olímpica), e senón meterme nunha embarcación non olímpica que teña opcións a medalla no Campionato do Mundo.
Seguramente a moitas persoas ás que lle pregunten por ti dirán, deportista de élite, medallista internacional … pero ¿como é Borja Prieto cando se baixa da piragua?
Pois son unha persoa doi máis normal do mundo, gústame estar cos meus amigos, tamén son moito de estar na casa, pasoo mal cando levo moito tempo fóra, ir ó cine, viaxar, vamos, o que penso que fai a maioría da xente.
Pois moitas gracias Borja e que teñas moita sorte na túa nova aventura madrileña.
Gracias.
Corral.jpg Jose Ramón Corral Bustabad naceu en As Pontes en 1973. Entre outros logros, é o único palista galego que conseguiu gañar en K1 no Descenso Internacional do Río Sella (1996), tamén foi tres veces campión de España, en K2 1000 con Arturo Torrente (1991), e de Maratón en 1996 e 1998, especialidade coa que representou a España nos Mundiais de 1996, 1998 e 1999. Elixido mellor deportista de As Pontes en 1991 e 1998, Corral era unha persoa moi querida e respetada dentro do mundiño do piraguismo, deporte do que era un auténtico apaixonado, pois ademáis de palista era adestrador e profesor de adestradores. Traballaba como Policía Local en A Coruña e faleceu en febreiro do 2008 a consecuencia dun lamentable accidente de tráfico.

También podría gustarte
Comentarios