O BNG ACADA O COMPROMISO DA PRESIDENTA DE AUGAS DE GALIZA PARA ORGANIZAR ACTOS INFORMATIVOS NO CONCELLO DAS PONTES SOBRE A EXECUCIÓN DO PROXECTO NO LAGO DA MINA

Ana Luísa Bouza: “despois de 31 anos de explotación mineira, hai un oco de enormes dimensións que será enchido con auga por ENDESA pero os veciños descoñecen a evolución deste proxecto ”
Santiago, 11 marzo, 2010. A deputada do BNG, Ana Luísa Bouza acadou hoxe, en sede parlamentar, o compromiso da Presidenta de Augas de Galiza de realizar actos informativos no Concello das Pontes de García Rodríguez sobre o enchido de auga do lago e o seguimento da calidade da mesma, así como o desenvolvemento e execución do proxecto.


Bouza explicou que, despois de 31 anos de explotación mineira, esta actividade xerou un oco de 900 millóns de metros cúbicos de capacidade con paredes arxilosas nunha zona na que chove moito e con moitos cauces de ríos desviados, para a propia explotación, que fan difícil atopar solucións alternativas que non sexa a creación dun lago artificial para o enchido do oco.
Ana Luísa Bouza transmitiulle á Presidenta de Augas de Galiza, o descoñecemento dos veciños da zona do estado de desenvolvemento e da evolución da execución do proxecto do lago e os resultados que se van obtendo sobre a calidade das augas no estudo ambiental promovido pola empresa ENDESA Generación ,S.A.
Pola súa parte, a titular de Augas de Galiza comprometeuse a formalizar diversos actos públicos informativos para acercar os datos técnicos que veñen reclamando os veciños e veciñas do concello das Pontes de García Rodríguez así como todo o que teña a ver coa evolución deste proxecto.
Nova cortesía de Asamblea do B.N.G de As Pontes

También podría gustarte
Comentarios