Amigus
As Pontes

FASE DE ASCENSO XUVENIL. PALAS DE REI CF 0 – CD AS PONTES 3

O Xuvenil xogará contra o Porto de Burela por unha praza na Liga Galega.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O Xuvenil pontés logrou onte un brillante e sufrido triunfo na segunda eliminatoria da fase de ascenso ante o Palas de Rei por 0-3, un resultado moi enganoso, dado que prácticamente ata o tempo de desconto o marcador era de 0-1.

Comezaba ben o cadro pontés, dominando, cunha internada e disparo de Peke no primeiro minuto, e sendos centros desde banda de Dani e David que se pasean pola área pequena sen atopar rematador.

Pero conforme pasaban os minutos ían subindo liñas os lucenses, un equipo ben plantado atrás, que buscaba as contras, e a piques estiveron de marcar nunha mala saída de Lino (30´).

Certo é que puido marchar con ventaxa no marcador o cadro azul, xa que tras un saque de córner Pablo remata de cabeza ó poste (44´).

O segundo tempo comezou cun disparo raso e forte dos visitantes que marcha por pouco (50´). E chegou o primeiro do As Pontes, tras un centro dende banda esquerda que o porteiro non atalla e mete o pé o xusto Dani para marcar a porta baleira (60´).

A un tiro de Dani por alto (65´), seguiulle un susto para os ponteses, xa que tras unha xogada de estratexia un xogador amarelo anticípase a Lino e o seu remate sae a rentes do pau (68´).

Puido anotar o segundo o equipo de Felipe nunha contra coa defensa lucense desconxugada na que nin Dani nin despois Peke consiguen marcar (72´).

E xa nas postrimerías anotou Vilela, tras saque de córner, que non acerta a despexar o porteiro lucense e acaba colándose o balón chegando a sentencia cun gol olímpico (88´).

Xa co tempo cumprido, cabalgada de Óscar por banda dereita, centra, Cris non acerta a rematar, recolle o balón o propio Óscar ó que lle fan penalti que Dani se encarga de transformar no 0-3 definitivo (95´).

O As Pontes pelexará co Porto de Burela, que se desfixo 2-0 do Corme, por un posto na Liga Galega, nunha eliminatoria a doble partido. Na outra xogarán Eume Deportivo contra Atlético Arteixo.

Os dous gañadores de cada eliminatoria uniranse ó Residencia de Lugo e Atlético Riveira, que xa están ascendidos.

Xogaron polos de Felipe Mieres, Lino, Carlos (Fraga 95´), David (Bruno 93´), Pablo, Breijo, Vilela (David 90´), Óscar, Chema, Dani, Xosé (Cris 81´), Peke

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios