FASE DE ASCENSO CADETE: CD AS PONTES 0 CD FOZ 0: RESULTADOS DA FIN DE SEMANA

Empate sen goles no encontro disputado hoxe á mañá entre ponteses e lucenses co que a eliminatoria queda a expensas do que aconteza no encontro de volta.
Os dous períodos foron moi igualados, anque os azuis dispuxeron das ocasións máis claras, no primeiro tempo un remate de cabeza de Galego no 13´ e no 28´ entre Galego e Marcos non acertan a rematar tras un córner.
No segundo tempo un cabezazo tras saque de córner de Gonza que se vai fora (53´) e un remate de Tiní que se vai lambendo o pau (58´) foron as oportunidades máis claras. Preto do final o infantil Ángel salvou os mobles tras desviar a córner un balón que ía dentro.
En definitiva, empate a 0-0 que propicia que todo se resolverá no encontro de volta da semana que vén en terras lucenses. Na outra eliminatoria o Oroso venceu 3-2 ó Caranza polo tanto a elimintoria tamén se resolverá na volta en Ferrol. Os gañadores de ambas eliminatorias cruzaranse e o vencedor ascenderá a Liga Galega.
Pero non é o único frente aberto do equipo cadete que este mércores visita ó Rapido de Neda no encontro de ida da Copa onde semella que xa hai un finalista trala victoria do Val en Ares por 1-5.
Xogaron Ángel, Esteban (Adrián 65´), Guino, Marcos, Gonza, Álvaro, Tiny, Pablo (Diego 82´), Lucho (Capela 79´), Galego (Keko 53´) e Alberto.
cadete_001.jpg


Por outra banda o equipo feminino despediu a temporada na súa visita ó Bértola na volta dos oitavos de final da Copa Galega. O cadro de Salido e Pita, que xa perdera 0-5 na ida acudiu con moitas rapazas noviñas e perderon por 6 a 1, tanto da honra de Lía. Xogaron Leti, Yaiza (Uxía 46´), Mireia (Alba R 46´), Jani, Andrea Pita, Clara, Noelia, Lía (Chipy 65´), Laura P (Patri Rochela 65´), Carlota e Carliña. O encontro disputouse no campo Chan do Vilar de Figueirido e arbitrou Daniel Moledo García.
A noticia desafortunada da fin de semana foi a confirmación do descenso do equipo xuvenil de Liga Nacional trala victoria do San Roque ante o Deportivo B 2-1 e a derrota dos ponteses ante o Victoria de A Coruña por 5 a 1, tanto de Abeás. Ascendido o Lugo, os coruñeses necesitaban o triunfo para poder disputarlle ó Pabellón Ourense na última xornada a outra praza de ascenso. Os azuis despiden a tempada a semana que vén recibindo precisamente ó San Roque e deberán intentar gañar para conseguir a primeira praza dos descendidos por calquer eventual circunstancia.
Malas novas para os alevíns pois os dous quedaron eliminados da Copa.
O Alevín A gañou 2-12 en Neda ante o Rápido, pero a victoria do EFR Ferrol 8-0 sobre o Narón certificou o pase dos ferroláns.
Os Alevíns B perderon 2-1 en Ares ante o Numancia e acaboulles costando a eliminación coa victoria onte do Caranza D ante o equipo aresano (3-0). E é que a clasificación rematou con empate a nove puntos dos tres equipos, e no goal average particular entre os tres o vencedor sería o As Pontes, que gañou 4-1 ó Caranza D, pero tendo en conta o goal average xeral o Galicia suma +20, por +15 dos azuis e +6 do Numancia asi que acompañarán en cuartos de final a Narón BP B, Portuarios B, EFR Ferrol, Ortigueira, Caranza A, Caranza B e o favorito Portuarios A.
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
Nova cortesía de Xosé Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios