FASE DE ASCENSO Á LIGA GALEGA CADETE: CD AS PONTES 0 ED XUVENTUDE DE OROSO 0
Empate sen goles no encontro disputado onte á tarde nun Campo Anexo do Poboado ateigado de espectadores, incluido o noso Rochela.
Nun partido moi igualado e físico, cos dous equipos moi ben plantados, apenas houbo grandes ocasións.
Evidentemente as máis claras foron senllos penaltis sinalados polo colexiado, Jorge Fojo, de Vigo, no segundo tempo. No 64´un atacante santiagués desmarcase e vaise en velocidade sendo trabado por detrás cando encaraba ó porteiro. No lanzamento de penalti, do número 10, Dani, paradón do infantil Ángel, dous anos menor que o resto. No derradeiro minuto son os azuis os beneficiados, tras un despexe coa man dentro da área dun xogador santiagués, pero no lanzamento de penalti o balón enredase nos pes do gardamallas que o acaba detendo e certifica a igualada sen goles e que todo se terá que resolver no encontro de volta.
Salientar que o gran e polivalente central David González “Gonza” retirouse no 61´ por unhas molestias anque agardemos que estea dispoñible para o encontro de volta.
Hai que ser positivos e pensar que se trata dun valioso empate, ademáis sen goles, a ter en conta o valor dobre dos goles na volta, e o conxunto pontés viña de dispoñer de apenas tres días de descanso e despois de perder unha final de Copa.
Asi que o vindeiro fin de semana, coas forzas máis igualadas tratarán de conseguir o compricado ascenso en terras santiaguesas, a pesar do equipo e público locatario. Os discípulos do gran Iván Rodríguez, subcampións de Liga e de Copa, tentarán dar un paso máis, pero pase o que pase, “que lles quiten o bailado”.
O As Pontes xogou con Ángel Prieto, Capela, Guino, Marcos, Gonza (Esteban 61´), Álvaro, Tiny, Pablo (Dieguito 82´), Luis, Galego (Keko 68´) e Alberto. Polo conxunto visitante Manuel, Jose A, Rial, Jacobo, Eloi, Manuel, Luis, Álvaro, Maroño, Dani, Garea. No segundo tempo saíron Nes e Jesús
Sinalar que antes do comezo do encontro se gardou un minuto de silenccio polo falecemento do segundo adestrador do Oroso, Roque Fraga, nun desgraciado accidente de tráfico.
Nova cortesía de Xosé Ferreiro e A.F.