Festas do Rosario no Deveso

A Asociación de Veciños Asunción do Deveso celebra este sábado a Festa do Rosario, unha celebración que había máis de cincuenta anos que non se facía.


O programa comezará o sábado á unha da tarde, coa celebración da misa. A continuación e se o tempo o permite, haberá procesión e logo un xantar no que se servirá empanada, guiso de carne, pan, viño e café. A organización prevé que a Festa se prolongue ata ben entrada a tardiña, xa que trala merenda comezará un baile amenizado polo dúo Suso. As actividades terán lugar no local social do Deveso.

También podría gustarte
Comentarios