FINAL COPA AFACO XUVENIL. SRD NUMANCIA DE ARES CF 1- CD AS PONTES 7

O Xuvenil pontés conquista a Copa Afaco en Ares

Brillante o Xuvenil pontés que logrou a Copa Afaco esta mañá en Ares tras gañar por un contundente 1-7 ao equipo local.

Nas terras do gran Marcelino, que algún tivo a honra de ver pola rúa, poñía terra do por medio o As Pontes no primeiro período marchando ao descanso con 1-3 con tantos de Vicente (2) e Pablo.

Xa no inicio do segundo tempo sentenciaban con outros dous tantos do cadete de primeiro ano Jandro, e un en propia meta. No desconto Miguel anotaba o sétimo culminando un gran partido.

Xogou o equipo de Iván Rodríguez con Nesi, Miguel, Antonio, Pablo, Santi, Vilela, Vicente, Edgar, Iván, Chema e Jandro, entrando no segundo período Brais, Xan, Jose, Elías e Nono.

Título número 79 para a canteira pontesa no ámbito comarcal, do ano pasado víñase con 73 mailos seis de este ano, Liga e Copa do Benxamín A, Liga Prebenxamín B e Infantil, e na mañá deste sábado Copa Afaco Xuvenil e Infantil. 

En concreto, na Copa Afaco, terceiro título Xuvenil tralos de 2010 e 2017, máis cinco Infantís, unha copa Feminina e un título Alevín. En total dez.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios