Amigus
As Pontes

FINAL COPA DE FERROL CADETE. CD NARÓN B 0 – CD AS PONTES 2

O conxunto de Iván Rodríguez logrou a quinta copa cadete de cor pontesa e o título comarcal número 66 tralos goles de Cazás e Mateo.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Brillante triunfo do Cadete pontés no día festivo das letras galegas. O conxunto dirixido por Iván Rodríguez conseguiu o 66º título comarcal das categorías inferiores pontesas.

O clube pontés acumula 6 Ligas, 1 Copa e 1 Copa Afaco en Xuvenil, 5 Ligas e 5 Copas en Cadete, 9 Ligas, 9 Copas e 3 Copas Afaco en Infantil, 11 Ligas e 11 Copas en Alevín, 2 Ligas Benxamíns, 2 Ligas Prebenxamíns e 1 Liga Feminina.

Pero o encontro foi moito máis igualado do que indica o marcador final e de feito o conxunto naronés comezou dominando o primeiro tramo da primeira metade ante un equipo pontés moi botado cara atrás e vitima dalgúns desaxustes defensivos que afortunadamente nalgunhas ocasións o CD Narón non soubo aproveitar, ou noutras o gardamallas Mateo Cociña estivo atento ó quite.

Por parte pontesa resaltar unha boa xogada de Alberte na que lle sobrou algún regate (7´), e outra boa acción do mesmo xogador que deixa a Mateo só, pero adiantouse o porteiro (16´).

Puxo terra de por medio o As Pontes co gol de Sergio Cazás, nun roubo de balón tras saque de porta, que marca de forte disparo por entre as pernas do gardamallas naronés (23´).

Este tanto, ademais do calor, freou un pouco o ímpetu do conxunto amarelo, o xogo volveuse máis alterno, e incluso antes do descanso, nunha xogada, remata Mateo, e co gardamallas moi adiantado, o posterior rexeite vaille a Alberte, aínda que moi escorado e non consegue aproveitar a ocasión (39´).

Conseguiu media Copa o conxunto de Iván Rodríguez nada máis saltar ó campo tralo descanso e co mesmo protagonista que hai un ano na final da Copa Afaco contra o Cariño, que tamén marcara gol no primeiro minuto do segundo tempo, e nesta ocasión, tras un pase en profundidade, Mateo López prántase ante o porteiro, picalla por riba e acaba marcando de cabeza a porta baleira (41´).

Puido case sentenciar despois Alberte, nunha boa combinación entre Carlos e Dani, que queda só e tira cruzado pero o porteiro narónés fixo un paradón (49´). Logo é Dani quen o intenta por alto e marcha o balón por pouco (52´).

Nos últimos minutos volveuse botar cara arriba o conxunto naronés e a replegarse os azuis, e o balón merodeaba moito pola área pontesa, ás veces, máis que por trenzar xogadas o conxunto amarelo, por non despexar con contundencia o cadro azul, e recurrir moito ó pase lateral ou cara atrás.

Nalgunha ocasión estivo Mateo máis rápido que os rivais, e na mellor que tiveron os naroneses, quedando ata dous xogadores sós, remataron moi frouxo (62´).

Tamén tentaba aproveitar as contras o conxunto azul, e nunha boa xogada de Alberte o gardamallas desvía a córner in extremis (70´). Máis tarde é Alex Barro quen marcha só, e volve a despexar o porteiro cara ó saque de esquina (80´).

Tivo a última o conxunto naronés, nun disparo do número 10 que marcha preto do escuadro (84´).

Despois do excesivo desconto, o colexiado, ben en liñas xerais e que apenas tivo complicacións, pitou o final do encontro e o Cadete pontés logra a súa quinta Copa de Ferrol, tralas conquistadas en 1993, O Val (1-0), 2000, Narón BP (3-1), 2007, Cedeira (1-1 e penaltis 2-1), e 2008, Galicia Caranza (1-0).

Este título, unido ó subcampionato de Liga, refrenda unha boa tempada, antes de afrontar o sábado o play off de ascenso ante o Residencia de Lugo.

Xogaron polo conxunto de Iván Rodríguez, Mateo Cociña, Carlos, David (Alex López 53´), Fraga, Bruno, Chema (Pani 71´), Dani, Javi (Diego 75´), Sergio Cazás (Manuel 66´), Alberte e Mateo (Alex Barro 60´).

COPA DE FERROL CADETE 2015-16

GRUPO A
CD NARÓN B 30
EUME DEPORTIVO 28
3º Portuarios 27
4º Racing San Pedro 25
5º Meirás 19
6º Perlío 18
7º Miño 13
8º Ortigueira 10
9º Ánimas 9
10º Cultural Maniños 7
11º Rápido de Neda 6
12º Narón O Freixo 3

GRUPO B
CD AS PONTES 30
NUMANCIA DE ARES 22
3º Galicia de Caranza B 21
4º SD O Val 21
5º Amistade de Meirás 21
6º Portuarios B 15
7º Galicia de Mugardos 13
8º Cedeira 8
9º Cariño 7
10º CD Narón 3
11º San Sadurniño 1

SEMIFINAIS
Numancia de Ares 1 – CD Narón B 3
Eume Deportivo 4 – CD As Pontes 2
CD NARÓN B 0 – Numancia de Ares 1
CD AS PONTES 2 – Eume Deportivo 0

FINAL
CD Narón B 0 – CD AS PONTES 2

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios