Finalmente o SETI atopa algo
Lendo barrapunto.com:
“SETI@home é un cliente de procesamento distribuido, realizado pola Universidade de California en Berkeley, que se instala no computador doméstico dos voluntarios e xestiona a súa potencia de procesamento mediante un salvapantallas (que se activa cando o propietario da máquina non está traballando con ela) e a adica á búsqueda de intelixencia extraterrestre. Ata o momento, deste faraónico proxecto non xurdiu nada destacable… ¡ata hoxe! Un dos voluntarios foi capaz de rastrear o portátil roubado da súa muller empregando o enderezo IP que o cliente SETI@home almacena no servidor. Despois de devolverlle o portátil á súa muller esta afirmou: ‘Sempre souben que un geek sería un gran marido'”…
Fonte: barrapunto.com