FOLIADA DE NOVEMBRO

O venres 30, celebrase no Lar a Foliada do mes de Novembro, última deste ano, pois o vindeiro mes non se fará por coincidir coas datas do Nadal. Temos o pracer de rematar con este acto o amplo e variado programa musical vivido durante tres semanas na nosa Vila en honor a Santa Icía, ditos actos foron como sempre, organizados polas distintas agrupacións musicais das Pontes.


Para este venres contamos con dúas actuacións: Empezarase aí pretiño das 22:30 cun grupo da casa xuntado para a ocasión “OSQUEOSINTEN”, os cales non lles faltarán ganas de facer disfrutar aos presentes. Un pouquiño máis tarde teremos o prato forte da tempada, así o require a ocasión por darnos a nós a responsabilidade de rematar os actos destas semanas adicadas á música. Serán “OS ZARAMBEQUES” de Cuiña (Ortigueira). Este grupo leva anos demostrando a súa calidade, mesmo formaron parte do cartel no Festival de Ortigueira deste ano, tocando no esceario Estrella de Galicia. A súa presenza servirá para presentar nas Pontes o seu recente disco “Son do Mare”.
Foliada_Novembro_07.jpg

También podría gustarte
Comentarios