FOLIADA DE OUTUBRO 2012

Metidos xa de cheo no Outono, tempo de castañas, cogumelos e Foliadas. Nos celebraremos a Nº 52 na Cafetería Lar de As Pontes, onde como ben sabedes temos unha cita “obrigada” coa Música Tradicional cada derradeiro venres de mes.
Este mes organiza o Grupo Axóuxere de Roupar (Xermade) e contarán cos seguintes convidados:
1. Banda Agarimo de Catabois (Ferrol). Banda fundada no ano 1977 de recoñecido prestixio.
2. Modesto Arias, Gaiteiro da Fonsagrada. Este Gaiteiro da Fonsagrada pasou case toda a súa vida laboral en Cataluña pero esto non foi motivo para deixar de tocar a Gaita.
3. Manuel Enríquez mais coñecido por Nela, O Gaiteiro de Bres (Taramundi – Asturias). Nela aproveita a visita para presentarnos nas Pontes o seu primeiro disco de recente creación, un libro/CD que leva por titulo: Nela de Bres.
52CartelFoliadaOutubro-12.jpg

También podría gustarte
Comentarios