Fotos. Unha épica España, con catro xogadores menos, conquista en Vigo o decimocuarto Mundial da súa historia.
A selección española de hockei sobre patíns conseguiu onte á noite no IFEVI de Vigo o títtulo mundial tras vencer a Argentina por 3 goles a 1, ante 4000 enfervorizados hinchas, entre os que estaba o mellor xogador do mundo, o catalán Beto Borregán.
España comezou o encontro asediando a Arxentina e enviou dous tiros ós postes. Mediado o primeiro tempo o liceísta Bargalló adiantaba a España. Pero a segunda metade foi un suplicio para a selección española, lesionouse o porteiro Sergi Fernández e o defensa Mía Ordeig, que tras un encontronazo cun arxentino sufriu unha conmoción e tivo que pasar a noite no hospital, por si esto fora pouco antes de rematar o encontro Marc Gual foi rigurosamente expulsado e Titi Roca agardaba no banquillo renqueante por si ó final, vistas as circunstancias, non lle quedaba máis remedio que volver a saír á pista. Total, que o seleccionador Feriche so contaba con 5 xogadores de campo e un reserva, e os máis novos, Adroher, Bancells e Torra tiñan que coller as riendas do equipo, e o máximo goleador Pedro Gil tiña que reinventarse como defensa. Máis difíciles se lle poñían as cousas a España cando tras un barullo na área, Arxentina conseguía empatar por medio de Nicolía. Pero cando todo parecía perdido, os xogadores sacaraon a casta e a cinco minutos do final, dous golazos consecutivos de Gual e Adroher deron o merecido trofeo a España, que xa suma 14 títulos, por 15 de Portugal, 4 de Arxentina, 4 de Italia e 2 de Inglaterra.
A clasificación final deste Mundial é a seguinte: 1º España, 2º Argentina, 3º Portugal, 4º Brasil, 5º Francia, 6º Angola, 7º Italia, 8º Suiza, 9º Chile, 10º Alemania, 11º Mozambique, 12º Colombia, 13º Inglaterra, 14º Holanda, 15º Andorra, 16º EEUU. Holanda, Andorra e EEUU descenden ó Mundial B. O próximo Mundial disputarase en 2011 en Maputo (Mozambique).
Nova cortesía de Xóse Ferreiro