O domingo 25 celebrouse o XXV Homenaxe ao Gaiteiro no Teatro Nova Caixa Galicia de Vigo (antigo García Barbón). O Acto foi organizado pola Asociación Etnográfica A Buxaina de Coruxo. Este ano foron homenaxeadas dúas persoas: A pandereteira Regina Outerelo de Queimadelos e o gaiteiro pontes Manuel Castro Freixo. Ademais dos homenaxeados, tamén actuaron dentro do mesmo programa do festival os grupos: Tanxedoras, O Grupo anfitrión (A Buxaina), Zurrumalla e Cé Orquestra pantasma.
Os homenaxeados foron moi ben acollidos polo numeroso público que abarrotaba o aforo do fermoso Teatro vigués. Freixo interpretou 4 pezas acompañado por Aurora ao bombo e Hugo ó tambor, despois foi leida unha breve biografía dos invitados e a continuación foron obsequiados, en un acto moi emotivo, con varios agasallos doados por Asociacións, pola Xunta de Galicia e polo Concello de Vigo, o cal entregou o propio alcalde Abel Caballero.
Novas
- ADRIÁN GREGORIO E ANTÓN DOPICO, NA CLASE VAURIEN, ACADAN O 2º POSTO NA COPA XUNTA DE GALICIA 2025
- Folixa summer Camp
- Campeonato Gallego de pista xoves promesas.
- 2ª Regata Circuito Deputaciòn de Coruña
- Resultados Descenso Internacional Miño de Ourense
- Curso de iniciación a Canva
- Resultados Grupo Xuvenil As Pontes na III Copa Galega Infantil K1/C1
- Resultados fin de semana 7 e 8 de xunio
- Lista de inscritos VI Slalom Vila de As Pontes
Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.
También podría gustarte
Comentarios