Amigus
As Pontes

FÚTBOL SALA: PRIMEIRA NACIONAL “B” – O ESTEO FS – CONCELLO DE TRABADA (8-3)

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Importante vitoria do Esteo diante do Concello de Traballa por 8-3 (ó descanso, 3-0). Boa entrada no pavillón municipal da Fraga, cunha entrada de 200 espectadores.
A pesar das baixas o Esteo logrou unha importante vitoria ó impoñerse con claridade ó conxunto lugués do Trabada, tres puntos que o manteñen na primeira posición con catro sobre o segundo clasificado. O encontro estivo dominado de principio a fin polos ponteses, que sentenciaron o encontro nos primeiros nove minutos da segunda parte ó poñer un claro marcador de 7-0 ó seu favor. O Trabada sacou o porteiro-xogador logrando reducir diferenzas nos instantes finais. Salientar a lesión de Rubi, o goleador do partido, logo dunha dura e fea entrada dun xogador do Trabada. Non estiveron convocados Noé e David, por lesión, así como Fran, debido a unha grave lesión no xeonllo, que lle impedirá xogar o que resta de temporada. Por mor da Copa Xunta a vindeira fin de semana hai xornada de descanso.
Esteo-Trabada-1.jpg


O ESTEO FS: Javichu, Anxo, Gerardo, Jaime, Rubi –cinco inicial- Juan, Pellón, Diego e Roy.
CONCELLO DE TRABADA: Javi, Santi, Adrián, Bruno, Mario –cinco inicial- Víctor, Quelle, Borja e David.
ÁRBITROS: Ruano Melón e González Araújo (Ferrol). Expulsaron, por dobre amarela, a Bruno e ó adestrador do Trabada. Foron amoestados Mario, Víctor, Quelle e Borja, todos do cadro visitante.
GOLES: Min. 4 (1-0), Gerardo. Min. 5 (2-0), Rubi. Min. 18 (3-0), Jaime (DP). Min. 23 (4-0), Rubi. Min. 27 (5-0), Rubi. Min. 28 (6-0), Rubi. Min. 29 (7-0), Gerardo. Min. 35 (7-1), Borja. Min. 38 (8-1), Juan. Min. 39 (8-2), Santi. Min. 39’32” (8-3), Mario.
Esteo-Trabada-2.jpg
Esteo-Trabada-3.jpg
Esteo-Trabada-4.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios