FÚTBOL SALA: PRIMEIRA NACIONAL “B” – O ESTEO–FISTERRA (2-1) DADO POR FINALIZADO ÓS OITO MINUTOS DE XOGO

O partido entre o Esteo e Fisterra non chegou ó seu remate debido á negativa do conxunto fisterrán de continuar o partido por unha goteira nunha esquina da pista do polideportivo pontés da Fraga. Nese momento faltaban 11 minutos e 59 segundos para o descanso e o resultado era de 2-1 a favor dos ponteses.
Logo dunha longa reunión entre os árbitros encargados de dirixir o encontro e representantes dos dous equipos, na que os ponteses e os colexiados manifestaban a súa intención de continuar o partido, non así o delegado do Fisterra. Polo que, ante a negativa do equipo visitante, os árbitros, González Araújo e Martín Vez (Ferrol), voltaron á pista e deron por finalizado o encontro con dito resultado. Na acta sinalaron: “el delegado del Fisterra nos manifiesta que la pista no está en condiciones debido a goteras y a la humedad. A nuestro parecer la pista reunía las condiciones para el desarrollo del juego y que se podía continuar el partido siendo en ese momento el resultado de 2-1”.
esteo1.jpg


Agora o tema queda na decisión que debe tomar o comité de competición, quen deberá decidir a continuación ou se dá por finalizado o partido co resultado que se rexistraba nese intre, 2-1 a prol do Esteo. Non obstante, e dada a redacción da acta, todo fai pensar que o xuíz de competición dará o partido por rematado e polo tanto O Esteo sumará tres puntos e posiblemente deduciránselle tres ó Fisterra pola súa negativa a continuar o partido.
Algo semellante sucedera no partido da quinta xornada entre o Esteo e o Bueu, o cal fora suspendido antes de comezar debido á humidade da pista, que naquela ocasión si era evidente. Este encontro disputarase o vindeiro martes 8 a partir das seis da tarde (18,00). É de esperar que a pista do pavillón da Fraga estea nas perfectas condicións para a practica do fútbol sala. Esta situación vense repetindo dende que se remodelou a pista colocando unha nova que xera moita humidade en días de moita chuvia, o que impide a práctica deportiva.
FICHA DO PARTIDO
O ESTEO FS: Ito, Fran, Jaime Noé, Rubi –cinco inicial- Gerardo e Anxo.
FISTERRA FS: Rafa, Nando, Santi, Miguel, Marco –cinco inicial- Perce.
ÁRBITROS: González Araújo e Marttin Vez, de Ferrol.
GOLES: Min. 4 (0-1), Marco. Min. 5 (1-1), Noé. Min. 8 (2-1), Jaime.
PAVILLÓN: Municipal da Fraga (200 espectadores).
esteo2.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios