FÚTBOL SALA: PRIMEIRA NACIONAL “B” – O ESTEO FS – AD BUEU (7-1)

O Esteo impúxose con claridade ó Bueu (7-1) en partido aprazado da quinta xornada xogado este martes no pavillón municipal da Fraga, que rexistrou unha boa entrada de afeccionados (300).
O-Esteo-FS-2009-10.jpg


Non pasou apuros o Esteo para acadar tres puntos, logo da súa vitoria diante do Bueu en partido que fora aprazado no seu día polo mal estado da pista do pavillón pontés, que nesta ocasión estaba en boas condicións. Os locais levaron a iniciativa, dominaron máis e crearon máis perigo có equipo de Bueu, o cal, agás en contadas ocasións inquietou a portería de Ito, quen se fixo o protagonista do partido ó marcar un tanto dende a súa propia área, que redondeaba a vitoria pontesa. Un triunfo que lle permite ó Esteo ocupar a segunda posición e cun partido menos, á espera da resolución do encontro contra o Fisterra do pasado sábado que foi finalizado ós oito minutos co resultado de 2-1 a prol do Esteo por negarse a continuar o partido os fisterráns cando o trío arbitral consignou na acta que o encontro podía seguir disputándose.
O ESTEO FS: Ito, Gerardo, Fran, Noé, Rubi –cinco inicial- Jaime, Anxo, David, Diego e Roi.
AD BUEU: Berto, Esteban, Torres, Luismi, Adri –cinco inicial- Jacinto, Rafa e Adrián.
ÁRBITROS: Remeseiro López e Fiaño López (A Coruña). Amoestaron a Fran, Noé, Rubi, Berto e Jacinto.
GOLES: Min. 1 (1-0), Gerardo. Min. 5 (2-0), Rubi. Min. 23 (3-0), Rubi. Min. 26 (3-1), Jacinto. Min. 27 (4-1), Gerardo. Min. 27’47” (5-1), Noé. Min. 30 (6-1), Jaime. Min. 38 (7-1), Ito.

También podría gustarte
Comentarios